Lemos B, Sober, Rubián e Castroverde; igualdade máxima no sur

A Terceira Rexional cumpriu xa as primeiras catro xornadas de competición. Mentres que no norte o Castro B lidera o grupo en solitario; a igualdade é máxima na zona sur. Catro equipos están empatados a puntos nos primeiros postos.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, o Castro B mantense na cabeza da clasificación co seu pleno de vitorias. Venceu nun bo exame á Comercial. Con tres puntos menos ca o líder, emerxe na segunda posición o Catro Roldas. O cadro de Román sumou a súa terceira vitoria seguida. Derrotou pola mínima ao Nuevo Nausti. A pesar da derrota é un resultado moi reseñable para o conxunto naustiano. É a primeira vez na curta historia deste equipo de Noche que perde só pola mínima.

Na terceira posición está agora o Rioaveso Machinango. O cadro de Paraños só puido empatar na casa ante o Cazás. Na zona máis baixa do grupo, o Friol B conseguiu o seu primeiro triunfo do curso. Fíxoo nos Chacotes de Palas onde actuou como local ante un Celeiro que pelexou a pesar das baixas.

Deportes Élide

Na zona sur, continúa a máxima igualdade nos postos dianteiros da táboa clasificatoria con catro equipos con nove puntos. O Lemos B é o que aparece como líder ao vencer por un axustado 2-3 ao Carballedo. O Sober é o segundo clasificado ao derrotar ao filial do Monterroso, outro dos equipos que se atopaba na fila dos seis puntos.

Pola súa parte, o Rubián é o que equipo que máis en forma está nas últimas xornadas en canto a resultados. Uniu o terceiro triunfo seguido do curso con vitoria a domicilio ante o filial do Taboada. O Castroverde volveu ao camiño da vitoria colleitando os tres puntos na Veiga do Olmo ante o Relámpago Taboada.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.