Fiz Rodríguez, departamento de análise dun equipo semiprofesional

Fiz Rodríguez relata unha semana de traballo dende o departamento de análise da SD Compostela

O 2021 continuou sendo un ano atípico ao que estabamos afeitos. Aínda así, Futbolinlugo puido levar adiante ás II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. O evento reuniu no concello da Mariña a unha serie de relatores da provincia e do resto de Galicia contrastados no saber do balompé.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Un dos protagonistas da xornada foi Fiz Rodríguez. O pastoricense é o actual segundo adestrador da SD Compostela que compite na 2ªRFEF. Anteriormente no cadro santiagués, entre outras funcións, realizou tarefas de analista, precisamente unha figura de nova incorporación no club. Dese traballo versou a súa charla que se pode ver íntegra na canle de YouTube de Futbolinlugo.

Deportes Élide

O adestrador titulou a súa ponencia como «Departamento de análise dun equipo semiprofesional. Exemplo dun microciclo».Fixo fincapé no traballo realizado durante a tempada 2020/2021 no club santiagués. Un curso marcado pola covid e pola reestruturación á que foi encamiñada a Segunda B.

Fiz presentou un microciclo dunha semana de traballo poñendo como exemplo os días de preparación do encontro ante o Pontevedra en Pasarón. En canto ás claves a analizar comentou sobre quen se podía facer unha análise: «de equipo propio, de equipo rival ou de xogadores«.

«Hai que ter en conta sempre que os contextos que se analicen se parezan aos da finde. Non serviría de moito estudar un partido do Pontevedra que xogou en Llanera nun campo artificial e cunhas dimensións de 90 x 50 . Non se vai parecer en nada ao que nos imos enfrontar a eles en Pasarón», destaca o técnico lucense.

En canto aos puntos de estudo céntranse no estilo de xogo que propón o rival a nivel xeral, o modelo de xogo e naqueles puntos nos que pode ter éxito; onde pode ser determinante. «Estamos tamén atentos ás últimas noticias, prensa, Twitter, convocatoria de equipo rival, a rolda de prensa do míster rival e tamén vemos a do partido anterior porque da do post partido sempre se saca información», puxo de manifesto Fiz.

Como conclusión final da súa charla Fiz rematou coa seguinte reflexión: «Facer un informe é relativamente sinxelo. O complicado disto é facelo todas as semanas. Ser constantes é o realmente complicado. Cando consigues aportar algo ao corpo técnico é satisfactorio».

Fiz Rodríguez tivo palabras de agradecemento cara os clubs no que se foi formando. A imaxe cos escudos do Pastoricense, o Ribadeo, a Sarriana, o CD Lugo, a Comercial, o Castro, a SD Becerreá e o Riotorto emocionou ao propio míster.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.