Diario dun mercado. Episodio 262

Jorge López é un dos movementos do Nadal ao regresar ao Foz mentres que o Pol refórzase cun dianteiro contrastado

Os Reis Magos trouxeron regalos pola provincia e fóra dela. Algúns deles xa son máis ben autoría de Papá Noel ou do Apalpador, pero é un bo momento para resumilos todos e poñernos ao día.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na Terceira RFEF salientan as operacións no CD Lugo B. O cadro albivermello comunicou a saída de dous futbolistas. Dani Vidal xogará cedido no Coruxo na 2ª RFEF. O de Portomarín é un dos máximos representantes da canteira lucense. Xa debutara co primeiro equipo na Copa e era un dos fixos do filial no que se consolidou ao pouco de dar o salto dende os xuvenís.

Dani Vidal era un dos piares do campión de inverno da Terceira. Foto: Endie DoaRúa
Deportes Élide

Nico Manteiga tampouco continuará no cadro preparado por Álex Ortiz. O defensa coruñés desvincúlase do club e xogará tamén na 2ª RFEF. Marcha á SD Formentera adestrada por Míchel Alonso e no que se reencontrará con vellos compañeiros como Iago Novo.

Na Preferente o último en reforzarse foi o Santaballés. O conxunto da Liga conta co regreso de Soto. O mediocentro vilalbés regresa ao equipo logo dun parón. Tamén se produciu un retorno no CD Foz. Jorge López deixa o Celta Barreiros e volve ao Martínez Otero cando estaba sendo un dos xogadores destacados no primeiro tramo de competición na Segunda Rexional.

Pola súa parte, o Club Lemos tivo unha volta a casa polo Nadal. O centrocampista monfortino Jorge Méndez chega procedente da Liga Universitaria dos Estados Unidos. Alí xogou as últimas tempadas logo de formarse no Calasancio. Xusto na entrada do Nadal a Sarriana tamén lle dixo adeus a Mitogo. O dianteiro reforza o Arnoia da Terceira RFEF. E outro clásico do fútbol galego únese ao Ribadeo, o centrocampista Oladipo Oladapo ‘Dapo’ que vivirá a súa segunda etapa no club.

Na Primeira Galicia, a SD Pol suma máis argumentos ao seu potencial e a súa intención de ascender. O dianteiro de Ortigueira Rubén Pardo chega ao Manuel Luna. O atacante formou parte dos veteráns do As Pontes este curso, logo dun periplo de seis anos no cadro sénior pontés. Rubén chega avalado pola súa traxectoria no fútbol galego que o levou ata a Segunda B en equipos como o CD Lugo. «Cremos que pode ser de gran axuda para os Herrero, Yago ou Juancar; xogadores sénior de primeiro ano que a pouco que melloren van xogar a moito máis nivel», afirma o adestrador Mourelos.

Pola súa banda, o Guntín estaría preto de reforzarse con Brais Barreira. Se nada se torce e todo vai sobre o previsto, o defensa chegaría ao Ladairo procedente do Castro. Xa antes das épocas festivas, o Monterroso fixera oficial a incorporación de Aaron López. O mediocentro chegou libre á capital da Ulloa logo do seu paso polo Castro en categoría sénior ou de formarse en equipos como o CD Lugo no fútbol base.

A volta a competición despois do Nadal volve estar condicionada pola covid. A Terceira RFEF foi suspendida pola propia RFGF. No resto de categorías sénior só hai comunicación de partidos aprazados. Semella que en moitos casos as dúbidas estarán ata horas previas dos encontros.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.