En Futbolinlugo e Futbolinourense demos un paso máis e conseguimos conversar con Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), a quen lle agradecemos a súa disposición para que isto se levara a cabo. Con el dialogaron ao redor dunha hora Manu Amor e os nosos redactores Iván Calaza e Diego Díaz, tratando de tocar todos os temas de actualidade. Poñendo así o broche de ouro a unha das seccións estrelas do confinamento: Amor a dous toques.

Falamos da resolución federativa que deu por rematada a actual tempada: «De 5500 clubes só reclamaron 14, creo que acertamos», así como do plan competicional de cara ó próximo curso. Pasando por tódalas categorías do fútbol afeccionado, desde a 3ªAutonómica á 3ªDivisión, «nas que se está traballando para que haxa público na vindeira temporada».

Ademais, falouse sen tapuxos de temas candentes como o acordo frustado entre o Pol e o Estudiantil, a fase de ascenso de Balaídos a polémica dos Ourenses, o ascenso ou non do Boiro, a Copa do Rei para o Viveiro, a finalización das Copas Deputación 2020, a igualdade ou desigualdade para ascender nas diferentes provincias, a posibilidade de ver a Louzán presidente da Real Federación Española de Fútbol… Así como todas as novidades que se esperan para a campaña 20-21.

Todo isto, e moito máis, nesta ampla charla. Desfruten!

Frases destacadas:

«Tiña constancia de que o Pol estaba interesado nesa praza. Vin nos medios algunhas queixas do Pol, pero nós aí non podemos entrar. É unha cuestión que se negociou».

«Entendíamos que ao Boiro lle correspondía a praza, xa que, habitualmente, cando hai unha vacante sube o equipo de Preferente mellor ubicado. Pero agora mesmo está moi complicado. Ao non haber descensos, esa variación sustancial provoca que de momento o Boiro non teña posibilidades».

«Ourense, coma cidade, merece un equipo nunha categoría superior. Todo o que vaia encamiñado a facer algo así, dende a Federación o vamos valorar positivamente. Queda camiño por percorrer».

«Os catro clubs están encantados de xogar en Balaídos. Esta proposta nace pensada para, se hai a posibilidade, acoller a unha parte importante das afeccións de cada un dos equipos. O estadio reúne tódalas condicións para cumplir as normas sanitarias. Temos a seguridade de que a TVG vai poder ofrecer os tres partidos en directo, ademais de Footters. Tíñamos xa un acordo coa canle pública. Vai ser algo histórico».

«A previsión do fútbol profesional é volver a mediados de setembro, e o que manexa a Federación España para o fútbol non profesional é retornar nos primeiros días de outubro. Mais todo cambia moi rápido e igual se adianta a fecha de comezo».

«Trasladeille a Rubiales que Galicia non iba a estar de acordo co reparto por cremalleira en Terceira, e finalmente accedeu: o presidente dixo que se dous terzos dos clubs de Terceira prefiren o formato territorial (grupos norte e sur) a RFEF non poñería problemas. Na Segunda B, queremos que tódolos galegos estén no mesmo grupo. Hai posibilidades de que sexa así».

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*