#Fútbol afeccionado #Feminino

Dulce fin de semana para o PM Friol na Reigosa

A Reigosa volveu a vivir unha tarde plácida despois de moito tempo. O PM Friol gañou con solvencia ao potente Lóstrego nun partido que encarrilou moi pronto. Dous contragolpes serviron ao cadro dirixido por Geluco Villar para poñer o 2-0 no marcador antes do minuto cinco de xogo. A partires de aí, as amarelas controlaron o partido; mostrándose superiores ao seu rival. O PM Friol puxo a guinda co terceiro gol, xusto antes do tempo de lecer. Na reanudación, as lucenses aguantaron as acometidas illadas dun Lóstrego cun día para olvidar e pecharon tres puntos moi saborosos. Primeira derrota das de Gondomar nesta tempada.

Un día despois, o filial amarelo colleitaba o mesmo resultado ante o Umia B. Un triunfo, que aínda que mantén ás de Friol en descenso, semella fundamental de cara a loitar pola permanencia. Un gol ao bordo do paso polos vestiarios deulle unha mínima vantaxe ao equipo da Reigosa. No segundo acto, Thimote impuxo a súa lei cun ‘dobrete’ e pechou unha necesaria e traballada vitoria.

A alegría friolesa contrasta coa realidade do CD Lugo. As de Joaquín Blanco colleitaron unha nova derrota na súa visita ao Real Avilés. As albivermellas plantaron cara durante boa parte da primeira metade a un cadro asturiano, superior sobre o papel. Unha ordeada defensa e varios contragolpes perigosos foron os mellores argumentos do conxunto capitalino.

Co paso dos minutos, o Real Avilés demostrou a súa condición de favorito. O 2-0, rozando o tempo de lecer e cun Lugo mellor nesa fase do encontro, resultou un golpe difícil de dixerir. A estocada definitiva chegou na primeira acción da segunda parte. Terceiro gol do Real Avilés e partido resolto. As locais redondearon a goleada no tramo final con dous tantos máis.



O Antas e o San Roque seguen á alza. Chantada e Milagrosa sofren de novo na Segunda Galicia

O San Roque queda a un punto do play off de ascenso despois de superar a un Brexo Lema que o precedía na clasificación da Segunda Galicia. As de Quiroga mandaron durante a meirande parte do partido, xogando case sempre en campo rival. Na primeira metade, as verdibrancas non foron capaces de transformar a súa superioridade con balón en goles.

Tocou trocar de sistema nos vestiarios. Tres centrais e Sofía con liberdade para atopar os espazos libres. En menos de dez minutos, o San Roque mandaba con dous goles de Saray. Un mal despexe propiciou o 2-1 que abría o encontro para o tramo final. Porén, Mery cun soberbio lanzamento de falta mataba o partido e deixaba os tres puntos en Montirón.

O Antas prosegue co seu bo momento despois de pasar por enriba a un gran Abellá. As locais mostraron a boa dinámica dos últimos partidos. Sólidas en defensa, con moito ritmo no medio e moi verticais en ataque. O partido comezou coas da de Dani Abelairas levando a iniciativa cunha presión alta. As numerosas recuperacións acabaron en xogadas con moito perigo, que a meta visitante evitou.



Na segunda metade o Antas seguiu coa misma idea e; co paso dos minutos, tras unha boa xogaba individual de Nuria, Paula colleu o rexeitamento da porteira para poñer o 1-0. A mesma Paula volveu sorprender á gardamallas cun disparo lonxano para poñer o segundo. Nas botas de Iria estivo o gol da xornada. Porén o seu lanzamento de longa distancia, petou no pau.

O Chantada non logra dar coa tecla. O Calo aproveitou os graves erros defensivos das do Sangoñedo para impoñer a súa superioridade en ataque. Unha situación similar vive a Milagrosa. O Silva dominou por completo o encontro ante unhas branquivermellas con moitas baixas. A experiencia das coruñesas resultou decisiva.

O CD Lugo B golea para poñerse primeiro. O derbi da terceira quedou en monforte

Oda aos derbis no Luis Bodegas. O Monte Forte levouse o derbi da Terceira Galicia despois de gañar pola mínima ao Carballedo. As de Cristian Penas adiantáronse por dúas veces ante un cadro visitante que empatou en sendos balóns parados, grazas a un par de goles de Alba Lobelle. A partires de aí, o Monte Forte tivo maior control ante o combativo equipo de Sementa. As locais fixeron o 3-2 xusto antes do tempo de lecer. Un tanto en propia porta e que deixou tocado ao Carballedo.

Ainara Silvosa deixa atrás a unha rival. ROBER CARREIRA

Ao salir de vestiarios, chegou o cuarto das monfortinas. As do Catro Ventos semellaban noqueadas ante un Monte Forte ordeado e que creaba con facilidade en ataque. Porén os cambios de Sementa tiveron o efecto desexado. Jenny recurtou as diferenzas a un só tanto. E xusto cando máis estaba a apretar o Carballedo na procura do empate, chegou o final do partido.

O CD Lugo B aproveitou ao grande a xornada de descanso do Bandeira. 14 goles anotou o cadro de Diego Rey nun once contra once ante o Vista Alegre. Catro tantos nun lapso de cinco minutos no ecuador da primeira metade tumbaron a un rival moi débil. Ainara Silvosa fixo un repóker, Ánxela un póker e a meta Iyore asinou un ‘dobrete’. Festival goleador para subir ao primeiro posto da táboa na Terceira Galicia.



O San Lázaro recupera sensacións semana a semana a través do seu xogo combinativo. O equipo de Luchi adiantouse nada máis comezar. E deixou o resto de goles para o segundo acto. Porén, aos vinte minutos da reanudación xa mandaba por 0-4. Nese momento, dous agasallos en defensa propiciaron un par de tantos do EF Silleda. Eukene disipou calquera pantasma cun novo tanto para pechar os tres puntos e o seu ‘dobrete’ particular.

A Comercial segue a afianzar a súa idea de xogo. E esta data logrouno da mellor maneira posible: cunha clara vitoria ante o Arenteiro B. O equipo de Vicky dispuxo da posesión con criterio e deixou o partido visto para sentenza con tres goles na primeira media hora, cun ‘dobrete’ incluído de Diana. As capitalinas mataron o encontro co tanto de Noa ao inicio da reanudación. O cadro ourensán fixo o gol da honra no tempo de desconto, nun despiste do conxunto vermello.

Sofía destacou en tres datas neste mes

sofía, Xogadora Torre de Núñez do mes de novembro

Sofía, creadora de xogo no San Roque, foi a #XogadoraTorredeNúñez do mes de novembro. A única futbolista da provincia que destacou ata en tres ocasións neste longo mes. Nos próximos días recibirá na súa casa o agasallo do referente cárnico galego. Parabéns!

Resultados da xornada

PM Friol 3-0 Lóstrego

Real Avilés 5-0 CD Lugo

As xogadoras da Comercial, conmemorando o 25-N. ROBER CARREIRA

PM Friol B 3-0 Umia B

Chantada 1-6 Calo

Antas 2-0 Abellá

San Roque 3-1 Brexo Lema

Silva 7-0 Milagrosa

Monte Forte 4-3 Carballedo

CD Lugo B 14-1 Vista Alegre

Comercial 4-1 Arenteiro B

EF Silleda 2-5 San Lázaro

Dulce fin de semana para o PM Friol na Reigosa

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 13

Dulce fin de semana para o PM Friol na Reigosa

O Iberia líder, xusto antes de xogar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *