#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Diego Núñez: «Estea no campo ou non, o Viveiro sálvase»

Diego Núñez foi protagonista da pasada fin de semana por unha mala noticia. Diego Núñez sufriu unha grave lesión de xeonllo ao cuarto de hora de comezar o partido entre o Arzúa e o Viveiro no Viso. A falta de máis probas médicas, o mediocentro do cadro celeste perderase o que queda de temporada.

Coa intención de coñecer o seu estado de saúde e darlle ánimos, Diego Núñez pasou, da man de Futbolinlugo, pola sintonía do Ser Deportivos Lugo. Analizou a lesión e a fase decisiva da temporada, quedan sete xornadas.

O centrocampista lucense chegou o pasado verán ao Viveiro. Vive a súa segunda etapa no cadro de Cantarrana. A primeira fora breve, chegara a comezos do 2020, pero a pandemia cortara as competicións; aínda que terminara sendo o ano do ascenso.

Núñez é un dos xogadores da provincia que máis camisolas vestiu de norte a sur aos seus 32 anos. O Ribadeo en varias etapas, tamén a Sarriana, o Lemos, o Castro, o Riotorto ou o Pol foron clubs nos que estivo o futbolista. Ademais dunha pequena etapa co As Pontes en 3ª División.



A pesar de non poder vivilo dende o terreo de xogo, Diego amósase convencido da salvación do Viveiro. Sería a segunda consecutiva que lograría co adestrador Alberto López aos mandos.

Dos 21 puntos que hai en xogo ata o 12 de maio, o conxunto celeste xogarase tres moi importantes este domingo ás 12:00h en Cantarra. Reciben ao Barbadás, rival directo pola permanencia.

O Viveiro actualmente está fóra dos postos de descenso directo, pero empatado a puntos (30) co Betanzos que ocupa esa praza. Ademais, ocuparía agora mesmo praza de arrastre (no caso de que descenda un equipo galego da 2ª RFEF).



Con todo, a igualdade impera na 3ª RFEF e todo pode acontecer. Do Viveiro (15º) ao Estradense (9º) hai seis puntos. O Barbadás ten dous puntos máis que o Viveiro. Na primeira volta nos Carrís, gañara o cadro ourensán (2-1).

Diego Núñez militou en dúas etapas tamén na SD Sarriana

As palabas de Diego Núñez

O redactor de Futbolinlugo, Diego Díaz e o presentador do Ser Deportivos Lugo, Álex Gato conversaron con Diego Núñez sobre a súa situación e a do equipo. A continuación, deixamos o audio no que se pode escoitar a nosa participación. Ademais, como cada xoves, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana. Este sábado hai derbi de 3ª RFEF na Reigosa: PM Friol – CD Lugo.

Nas seguintes liñas resumimos as palabras de Diego Núñez. Agradecémoslle moito a predisposición que tivo para falar abertamente de como se atoapa coa lesión.



A lesión: «O momento foi raro porque era unha acción normal, ir tapar un tiro. Ao apoiar o pé, notei un pequeno ‘clac’ no xeonllo, sen dor; quixen volver incorporarme, pero na seguinte acción xa me din conta que o xeonllo flaqueaba. Pedín o cambio, saín polo meu propio pé e seguín sen dor. Logo na ducha e diante da casa volveu fallarme o xeonllo e houbo que ir ao médico. A día de hoxe, a inflamación vai a mellor e só teño algunha molestia. O único bo é que desde o minuto 1 apenas tiven dor».

Diagnóstico: «Asegurado que é menisco, pero a gravidade non se saberá ata que faga unha resonancia. Cabe a posibilidade de que estea tocado tamén o ligamento cruzado. Iso é o que me ten máis dos nervios».

abogados máxicos

Derrota en Arzúa: «Creo que foi unha suma de circunstancias. Competimos contra o Celta C ata o último segundo, a pesar de ser o mellor equipo da categoría con diferenza. Catro días despois, fomos a Bouzas, corremos como leóns e logramos os tres puntos. Logo, chegamos cansos a Arzúa. Non temos un cadro de xogadores excesivamente longo e supoño que a miña baixa a nivel anímico, non lle sentou ben aos compañeiros. Ao Arzúa empezáronlle a saír as cousas, por moito que vaia de último, ten bos xogadores».

Permanencia: «Creo que o equipo manterá a categoría. Levo 8 meses aí dentro. Dende o utilleiro ata o xogador que xoga un minuto, adestra e compite, e iso é o que lle vai dar a permanencia ao Viveiro. Estea eu no campo ou non, o Viveiro sálvase».

Vestiario: «A peculiaridade máis grande é pola idade. Vou para 33 e o seguinte xogador máis maior ten 26. Iso nunca me pasara».

Con pouca xente da Mariña: «Quizais é unha pregunta para Luis del Río ou Alberto (xa lla fixemos). O nivel de Terceira é moi alto. Un motivo que a min se me pode ocorrer é o nivel de compromiso e esforzo que require a categoría. A xente nova hai un punto no que non quere comprometerse ata certo nivel».

máxicos copa

Diego Núñez: «Estea no campo ou non, o Viveiro sálvase»

O Antas e o CD Lugo B

Diego Núñez: «Estea no campo ou non, o Viveiro sálvase»

A primavera, a clasificación altera

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *