#Fútbol afeccionado #Feminino

O Antas e o CD Lugo B acceden ás semifinais de Copa

Un Antas moi superior impuxo a lóxica para pasar con comodidade ás semifinais da Copa Deputación. A resistencia dunha voluntariosa Milagrosa durou algo menos de media hora. As de Dani Abelairas xa mandaban ao descanso por 0-3, con dous disparos de Nuria dende fóra da área e outro de Elisa. Na reanudación, de novo Elisa e Nuria volverían anotar. Ao igual que fixo Tamara.

Moito máis igualada estivo a outra eliminatoria: o derbi capitalino entre CD Lugo B e San Roque. O filial albivermello clasificouse para a seguinte rolda grazas a un solitario gol de Candela Otero aos tres minutos de xogo.

Foi un choque de poder a poder, no que o tempraneiro gol de Candela (minuto 3) resultou decisivo. O CD Lugo B xogou co marcador a favor nun encontro con fases para os dous equipos. O cadro albivermello dispuxo dalgunha ocasión máis para aumentar a súa vantaxe na primeira metade. Se ben é certo, que Saray estivo a piques de empatar para as de Quiroga.

Na reanudación, tampouco houbo un dominador claro. O San Roque estivo máis cómodo ante un CD Lugo B sólido e que non quixo arriscar. Miriam topou co pau e Mery fallou un man a man nas postrimerías do partido.



San Lázaro e Monte Forte xóganse o último billete para semifinais no día dos traballadores

Dani Abelairas (Antas) e Felipe Varela (Milagrosa), dando indicacións ás súas xogadoras. RÓBER CARREIRA

O próximo 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores, terá lugar a última das eliminatorias de cuartos de final. San Lázaro e Monte Forte mediranse no campo das Gándaras en busca do último billete para as semifinais da Copa Deputación. O gañador deste encontro xogarase o pase á final co Antas o vindeiro 26 de maio. O outro cruce de semifinais tamén se celebrará nesa fin de semana. Todo un duelo de filiais entre CD Lugo B e PM Friol B.

Resultados da xornada

CD Lugo B 1-0 San Roque

Milagrosa 0-6 Antas



máxicos copa

O Antas e o CD Lugo B acceden ás semifinais de Copa

Melendo estréase como goleador e o Antas

O Antas e o CD Lugo B acceden ás semifinais de Copa

Diego Núñez: «Estea no campo ou non,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *