Coas pretemporadas xa iniciadas, as fichaxes masivas son historia. Agora é tempo de pequenos retoques, de apuntalar determinadas posicións. Os famosos pequenos grandes detalles. Os que poden marcar un ascenso ou un descenso.
Temos movementos a contagotas por toda a provincia. O Viveiro sumou un novo efectivo ás súas filas. Trátase do gaditano Sergio Iglesias. Un mediapunta veterán e tan contrastado, que chegou a xogar co seu Cádiz na Segunda División. O Cazás asinou ao centrocampista Juanín. O Burela reincorporou a Claudemir, despois da súa aventura en Cervo. E o Goiriz repescou ao dianteiro Fidel. Iso sí, conta coas perdas de Jano, Portillo, Esteban, Paco e a case segura de Cristian. Ademais, o Outeiro de Rei confirmou a baixa que xa adiantamos de Rubincha. E o Pontenova fixo o propio, coa alta de Salva (única fichaxe do clube ata o momento).
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/08/claudemir-300x169.jpg)
No mundo do fútbol base, a Residencia conta con dous novos adestradores. O xogador do primeiro equipo Adrián Vázquez cambia a base do CD Lugo pola Cheda. Ademais, incorporan ao talentoso Adrián Suárez. Chega dende o Cádiz CF e co título de nivel 3 no peto.
Por último, toca falar de pretempadas. Primeiro, a da SD Becerreá. Enfrontarase na casa á Comercial (11A), San Lázaro (14A), Campo Naraya/Corgo (19A) dentro do Vila de Becerreá e posteriormente ao Páramo (25A). Así mesmo o Quiroga xogará a domicilio ante o Lemos (4A), Viana (15A) e Fabero (3S). Na casa, recibirá ao Viana (12A) e ao Inicio e outra escadra sen confirmar no San Martiño (27A).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Goiriz xogará co Mondoñedo (15A) e co Cabreiros e o Rioaveso, en próximas datas. O Roupar disputa esta fin de semana a semifinal da Copa Concello. A seguinte semana xogará a final ou o terceiro e cuarto posto. Tamén se verá as caras contra o Somozas B (16A) e estará no Triangular de Folgueiro (19A).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)