#Fútbol afeccionado #Feminino #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 371

Luns pola mañá e toca actualizar novidades cun novo Diario dun mercado. Iniciamos o repaso pola Terceira RFEF. O arxentino Tomás Susavila é a nova fichaxe da Sarriana. Un lateral dereito de 21 anos que vén de xogar no grupo 8 da Terceira Federación.

Sementa dirixirá de novo ao Carballedo

Baixamos á Primeira, onde Iván Gayoso ‘Ivi’ e David Delgado ‘Congui’ renovan no Chantada Atlético. O porteiro e artista polivalente Daviz Comor continúa no Santaballés. Ao igual que os seus compañeiros Neska, Martín e Nito.

Na Segunda, contamos moitas continuidades. Rodrigo Amarante mantense á fronte do Carballedo ao igual que Juan Bellas na meta do Xermade. Álex Mavilo renova no Quiroga.

Na Terceira, Huguito regresa ao Celta Barreiros. Bruno ‘Payu’ deixa a disciplina do Celeiro e Xavi renova no Río Sil. Por último, un apunte de fútbol feminino. Roberto Osorio ‘Sementa’ seguirá adestrando ao Carballedo.



Diario dun mercado. Episodio 371

O fútbol galego afronta unha reestruturación

Diario dun mercado. Episodio 371

Diario dun mercado. Episodio 372

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *