O mercado está activo en todas as categorías. Os equipos séguense reforzando coa mirada posta no regreso aos adestramentos coa idea de ter o cadro de xogadores ao completo cando isto suceda. Unhas das novidades máis interesantes chega dende a Primeira Galicia, no Páramo que fichou ao máximo goleador da Terceira Galicia lucense. Óscar López chega ao equipo adestrado por Piru despois de conseguir o ascenso á Segunda co Portomarín. Vén avalado polos 33 goles que anotou en 20 encontros de Liga e os 3 que marcou na única eliminatoria de Copa que xogou. Alí coincidirá co seu irmán xemelgo, Iván, despois dun ano volverán xuntarse no mesmo equipo. O central tamén ascendeu o curso pasado, no seu caso co San Roque que adestraba Piru. Ademais, o porteiro Lisboa, que xogou a campaña anterior ca Sarriana, tamén recala no conxunto das Rapadas.

Na mesma categoría, o Pastoricense anunciou a chegada de Fran Veiga (ex-adestrador do Castroverde co que conseguiu esta temporada o ascenso á Segunda) como axudante de Víctor López que segue á fronte da dirección técnica. Contarán ca maior parte do cadro de futbolistas do curso anterior. Non obstante, non seguen Álvaro que regresa o Castro, nin Daniel Díaz, Andrés Pérez nin Iñaki Campo. Por outra banda, nace o equipo de veteráns que competirá na Segunda Provincial e estará formado por futbolistas que pasaron pola UD Pastoricense.

Outra das sorpresas chega na Segunda Galicia sur. Nesta división ningún dos equipos recén ascendidos mantén o seu corpo técnico. O último que faltaba por confirmalo era o Monterroso B no que non continúa a dupla Fernando Sánchez «Fer» e Óscar Pampín. Fer, futbolista do primeiro equipo afirma que tras dous anos de moito traballo decidiu dedicarse só a xogar. Afirma que de momento non sabe se seguirá sendo no Monterroso ou noutro equipo.

Cleno, que chegou para reforzar ao equipo na Copa e anotou sete goles en dous partidos, seguirá no Rioaveso

No tocante a Terceira Galicia destaca no grupo sur a creación dun novo conxunto, o Friol B que terá como referencia o primeiro equipo unha categoría máis arriba. Pola súa banda, o Sober incoporou a Luis Rodríguez Diéguez que procede do xuvenil do Calasancio. Xa no grupo norte destaca a chegada de Isma como primeiro reforzo do novo SD Cazás procedente dun rival da mesma categoría, o Catro Roldas. Seguindo en terras chairegas, no Rioaveso renovan a 13 futbolistas que xa xogaron no conxunto de Paraños a tempada pasada. Alberto, Álex, Amido, Ank, Carra, Chupi, Cleno, Félix, Jose Luis, Javi Cruz, Ledo, Lingas e Sergio continúan nun conxunto que esta pendente de seis fichaxes máis. Por último no Muimenta incoporan a Rubén López Vidal e renovan a Diego Castro, Adri, Julio, Matías Gastón, Jorge Cascudo, Edu Seivane, Jesús Vivero «Missi», Javi Morán, Miguel Morán e Hugo Engroba.

O Castro conta nestes momentos con 12 futbolistas xunto con 3 xogadores que van facela pretemporada

Nos equipos de superior categoría tamén se suceden os movementos. Na Terceira, O Racing Vilalbés, que recibe este xoves ao Deportivo da Coruña (19:30h) na Magdalena, fichou ao dianteiro coruñés Álex Pérez que procede do Bergantiños e o carrileiro esquerdo David Buyo (fillo do ex-porteiro Paco Buyo) que procede do As Pontes. Tamén se  acumulan ás novas en Castro. O equipo, que comeza a pretemporada o vindeiro luns, renovou a Javichu e conseguiu o retorno de Álvaro que xogou a segunda metade da temporada no Pastoricense. Ademais no tocante a base, o central Diego Fernández Román, xuvenil de último ano, fará a pretemporada co primeiro equipo. Precisamente para o conxunto xuvenil chegan como adestrador Marcos Veiga (ex-preparador do primeiro equipo) e Nicandro Rodríguez «Niki» será o preparador físico.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.