Esta pode ser unha das semanas máis intensas do noso fútbol. Entre a final da Copa de Preferente e Primeira, o All Star Futbolinlugo 2022 e o Diario dun mercado… a actualidade balompédica non dá tregua.

Comenzamos a nosa viaxe diaria pola Terceira galega onde o Racing Villalbés desvelou dúas caras novas despois das baixas anunciadas nas últimas días. Un par de incorporacións que non nos deixan indiferentes. O veterano Marcos Álvarez deixa As Somozas para poñer o seu selo de calidade ao ataque dos de Simón Lamas.
Non chega só á Magdalena, xa que o extremo sub23 Álex Pérez tamén se incorpora á disciplina chairega. O xogador formado nas categorías inferiores do Deportivo e o Ural, procede do Choco. Nesta mesma categoría, seguirá o monfortino Ramón. O gardamallas renova coa UD Ourense logo do ascenso á 3RFEF.
Na Preferente, o central Roi Caballero abandona o Foz para xogar no Galicia Mugardos. Así mesmo, a Residencia tería atado ao tamén central Martín Portas. O defensa, formado no Arousa, chegaría dende o xuvenil de Honra do CD Lugo a pesares de que xa adestrou co cadro de Dani Galán a pasada temporada.



Xa na Segunda Galicia, o Lemos B contará con novo adestrador. Óscar Moure colga as botas para dirixir ao que era o seu equipo en substitución de Perry. No capítulo de xogadores, os xemelgos Iván e Óscar pechan o seu ciclo en Guntín. Así mesmo, a Comercial incorpora ao dianteiro Jonathan da Cunha (Sagrado Corazón xuvenil). O ex da Residencia Arturo fará a pretemporada ás ordes de Andrés Rodríguez. Se o seu xeonllo aguanta será home fundamental nos seus esquemas.
Por último, o Meira segue coa sua política de renovacións. Miguel, Pirlo, Kevin Pierre, Jesus, Marcos, Alberte e Rubén Vidal continúan unha tempada máis no clube. Ademais, Labrada incorpora ao mozo Javivi do Pastoricense para pechar esta edición do Diario dun mercado.
