Yago

Diario dun mercado. Episodio 233

Antes de que comece a segunda semana de agosto damos unha volta polos movementos da provincia. Na Primeira Nacional feminina salienta unha nova incorporación no PM Friol. Ariadna Garriga reforza a banda do conxunto friolés. A futbolista de Sabadell procede do AD Mérida.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Diario dun Mercado lévanos tamén á Mariña. Segundo adianta La Voz, Diego Hermida volve ao Ribadeo. Pola súa banda, o Santaballés anunciou importantes regresos nas últimas horas. Todos eles son de xogadores que xa saben o que é sentir as cores do cadro de Santaballa pero que non militaron no equipo na pasada temporada exprés. Ferreiro reforzará a defensa, Josiño a mediapunta e Dani Sam e Yago a dianteira. Ademais o club confirmou que Marcos Pereiro será o segundo adestrador.

Baixando cara a Primeira Rexional, o Alfoz confecciona o seu cadro de xogadores. O club anunciou a fichaxe do goleador Manolo. Pola súa parte, outro dos club que chega a categoría como ascendido anuncia unha continuidade. Cachón segue no Portomarín. Tamén na Primeira, o Chantada Atlético comunica que Iván López segue no club. O porteiro xa fichara a tempada anterior pero non chegou a debutar ao non haber competición. O gardamallas conta con experiencia no Calasancio, Rubián, Ferreira ou Lemos.

Deportes Élide

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 558

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.