IMAXE DE PORTADA: Facebook PM Friol

Sábado de novidades e movementos no noso fútbol. Como é habitual, comezamos o repaso pola Terceira División. Nela, o Viveiro CF buscará a permanencia por segundo ano consecutivo e, para conseguila, asinou a Dani Fernández, ex capitán do CD As Pontes. O central, oriundo da Mariña, vivirá así a súa segunda etapa en Cantarrana.

Na Primeira Galicia, o Chantada Atlético reforzase coa chegada de Brais, dianteiro con experiencia en clubes da comarca tales como Bóveda, SD Chantada ou Lemos, así como fóra da provincia (Arenteiro, Lalín…). O San Lázaro renova a un dos seus capitáns, o central Álex Ferreiro.

Na Segunda Autonómica, a SD Paradela bromeaba na súa conta de Facebook coa chegada de Leo Messi… pero aproveitou o chiste para anunciar a renovación da meirande parte do grupo co que contaban na 19/20, cuxos nomes se concretarán nas vindeiras datas.

No fútbol feminino, o PM Friol buscará o retorno ao Reto Iberdrola. Unha peza chave para facelo será a nipona Yuki Nakata, que chega desde a Segunda División xaponesa e aportará desequilibrio e desborde por ambas bandas.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario