#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 14

En camiño de rematar a primavera e dar comezo ao verán, pero iso non o nota o mercado de fichaxes de Futbolinlugo que fixo como o sol e non esperou a que comezase o período estival para quentar o ambiente. Unha das grandes promesas do noso fútbol fichou polo CD Barco da Terceira División, o porteiro Sergio Cabanelas que despois de superar dúas graves lesións xogou a última parte desta temporada no Atlético Escairón.

Na Preferente Norte o Ribadeo confirmou unha renovación máis, a de Miguel Gomes. O dianteiro súmase ás xa coñecidas de Cube, Marcos Peña, Criss, Rafa Casanova, Yoel, Iván, Luki, Juanm, Parapar, Jacob e as fichaxes de Tichu, Dani Prieto e Hugo López. Pola súa banda, tamén na Mariña pero na Primeira Galicia ao Valadouro chegan o centrocampista Erik procedente do Foz da mesma categoría, o dianteiro Andrés Guijarro do Xove Lago tamén da mesma división e o mediocentro aragonés Joni que conta con experiencia incluso na Terceira División. O próximo en chegar ao equipo do Árbol podería ser Pedro Prieto tamén procedente do Xove Lago.

Diego Rego era o adestrador do equipo xuvenil, cargo que seguirá exercendo

Baixando ata a capital, a Residencia da Preferente Norte incorpora a Edgar do Lugo B e a Xairo do Becerreá. Tamén na Primeira Galicia hai novidades no novo Páramo de Piru que seguirá contando con Corbelle, Diego Gayoso, os dous Fontal, Héctor, Hugo, Meixente, Omar, Palle, Pepe, Saúl, Bolo, Borjita e Brais. E como altas chegan Cansi procedente da Sarriana e Álex do Lucense.

Para rematar, na Segunda Galicia grupo norte o Escolas Deportivas Lourenzá comunicou a incorporación de Diego Rego como novo adestrador. O conxunto laurentino estivo preto de loitar polo ascenso á Primeira e chegou ás semifinais da Copa nesta última temporada. Despois da marcha de Edu por motivos laborais, o equipo confía en Diego Rego a dirección do primeiro equipo e seguirá sendo tamén o preparador dos xuvenís.



Diario dun mercado. Episodio 14

As bodas de ouro da SD Burela

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *