Todas as quinielas os sinalaban coma os grandes favoritos da Preferente. Coma o equipo a batir. Por presuposto, xogadores e pola súa condición de filial do Clube Deportivo Lugo. Non se equivocaban. As ‘perlitas’ xa están no lugar agardado. E prácticamente esixido: a Terceira División.

Non foi un camiño de rosas o do Polvorín. Nin moito menos. Algúns gurús pensaban que os capitalinos ían ascender ‘a medio gas’. Co freno de man metido e sen saír a xogar os partidos. Como se xa tivesen os tres puntos no peto antes de saír dos vestiarios. Non se enganen. Este ascenso non é tan doado como semella. Por varias razóns. A primeira, moi simple. Xogar contra un rival que leva o escudo do Lugo con él, supón unha motivación extra. Un plus de enerxía cando as forzas flaquean. Unha licencia tácita para incrementar o número de patadas por partido. Golpes, feridas de guerra que curten unhas pernas na última fase dun laborioso proceso de formación.

Porque non se enganen, os xogadores do Polvorín non son precisamente vellos. Un grupo bisoño nunha categoría plagada de veteráns. A velocidade, a inocencia e o descaro como armas para competir contra rivais feridos en mil batallas. Cando os partidos se poñen duros e a grada esixe o empuxe dun veterán, custa buscalo no terreo de xogo. Nese sentido, as miradas soen disparar a dous puntos: a coronilla de Óscar Rivas e as profundas entradas do pichichi Jhon Cuadretti. Máximos signos de vellez, de galóns e xerarquía nun elenco no que a xuventude non está exenta de experiencia. Porque as cabezas terán moito pelo, pero os ‘cús están pelados’. Varios deles pisaron a Terceira División a idades moi temperás. Véxanse os casos do meta Javi Liz, segurísimo sempre que se solicitan os seus servizos. Ou Javi Rey, o mediapunta diferencial do conxunto de José Durán.

A iso engadímoslle os xóvenes talentos da fábrica das Gándaras coma Pedro López ou Cacharrón, chamados a estar no primeiro equipo de xeito habitual a curto plazo. Ou o incombustible Pablo Rey no lateral esquerdo. Escoltado polos minutos de calidade e os números, ano tras ano, de Dani Renda. Ou o bon facer de Marcos na medular. Logo xa está o tema das fichaxes. Dúas moi rentables: Escriche e, sobre todo, Asier. Indiscutible no lateral dereito. Ou a impagable axuda dos dous Manu: Núñez e Mariña. Espectacular final de campaña do primeiro. Mención aparte merece Luis Díaz. Futbolista de barrio, completo coma ningún, e que sempre aparece no once por méritos propios. Francisco ben o sabe e xa tivo os seus coqueteos co primeiro equipo. O resto das incorporacións quizais non rendiu ao nivel agardado. Aparicións puntuais e intermitentes. Lonxe de facerse cun lugar estable nas aliñacións do estratega José Durán.

Un técnico con carácter e que non se casa con ninguén. Un xestor de egos e personalidades, que conseguiu que as enormes individualidades aportasen ao ben común. Un preparador co que a gran parte das fichaxes de fóra das nosas fronteiras, caeron polo seu propio peso. Porque por moito filial que se sexa, as cores hai que sentilas. Agora é moi doado bicar escudos. Moi difíciles sentilos realmente como propios. Por iso, este ascenso é froito dos talentos lucenses escoltado polo compromiso de prometedores futbolistas galegos, con gañas de triunfar. Cun denominador común en moitos casos: renunciar a equipos de categorías superiores por loitar por un soño. O de chegar ao fútbol profesional cun equipo da terra. Ou, quizais, adestrar co primeiro equipo, aínda que só sexa unha vez. O prezo non é barato. Madrugóns durante toda a semana e unha profesionalidade moi por encima da da categoría. Soñar é bonito pero facer os soños realidade esixe traballo. Ese que os autóctonos asumiron á perfección. O premio é máis que merecido. Agora toca disfrutalo!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*