O fútbol base segue en verán (II)

O pasado domingo falabamos nesta páxina web das malas consecuencias que o fin da temporada ten para os futbolistas. Especialmente para os nenos e nenas amantes do deporte. Afortunadamente, os distintos clubes organizan iniciativas durante o verán para que os cativos poidan matar o gusaniño.

Na primeira edición deste artigo podénse consultar tres das iniciativas propostas este ano (se aínda non as viches, preme aquí, e prometimos unha segunda entrega. Velaquí tres novos campus de verán que terán lugar na nosa provincia!

  • II Campus ACD Piringalla: os pequenos poderán disfrutar deste campus o día 22 de xuño e dos días 25 ao 29 dese mesmo mes. As actividades, que terán as súas principais ubicacións  no campo O Polvorín e no polideportivo do colexio María Auxiliadora, irán desde a práctica de múltiples deportes, ata excursión (por exemplo, ao Aquarium da Coruña), entre moitas outras.

Os participantes disfrutarán dunha xornada de confraternización co campus do Racing Villalbés.

  • IV Campus Racing Club Villalbés: a capital chairega ofertará un atractivo campus entre o 25 e o 30 de xuño na área deportiva da Magdalena. O programa está orientado á aprendizaxe de nenos e nenas, contando incluso cun grupo de tecnificación para os rapaces de entre 14 e 18 anos. Porén, as actividades tamén buscarán a formación persoal dos participantes, contando coa xa mencionada xornada de convivencia cos pequenos do campus da ACD Piringalla.

Destaca que Roberto Trashorras será o padriño deste campus unha vez máis, o que sempre é un «plus» para os nenos que o admiran e soñan con chegar á Primeira División.

 

  • CDLuCamp: o campus do clube referencia na provincia diferénciase dos demais en que gozará de distintas sedes por todo o noso territorio, e incluso fóra da provincia. A metodoloxía será similar en todos eles, e estará orientada a mellorar técnica e tácticamente aos pequenos, pero sen esquecer a diversión.
  1. Sarria: no campo da Ribela, entre o 25 e 29 de xuño, en colaboración coa SD Sarriana.
  2. Lugo: no campo da Cheda e no Centro Deportivo Forus, entre os días 2 e 6 de xullo, e unha segunda edición entre o 27 e o 31 de agosto.
  3. Chantada: entre os días 2 e 6 de xullo no campo do Sangoñedo, coa axuda da SD Chantada.
  4. Burela: nas instalación deportivas da Marosa, coa colaboración da AFD Porto Burela, entre os días 9 e 13 de xullo.
  5. Fene: gracias á SD Cultural Maniños, o campus exténdese fóra da provincia. As datas serán de 9 a 13 de xullo.
Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.