A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de maio. Hai uns días lembramos aos campións que seguen agora desfrutando do fútbol.