Pequenos campións!!!!

Hoxe, facemos unha pequena reportaxe mencionando a todos os equipos de Fútbol-8 que esta pasada semana proclamáronse campións das súas ligas nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín. En total, seis conxuntos diferentes fixéronse co título. Estes son os nosos pequenos campións!!

Prebenxamín:
O Porto de Burela proclamouse campión a pasada fin de semana na 1ª Prebenxamín Norte, tras gañar ao Vilalbés por 0-2 na Magdalena. O conxunto mariñano conseguiu 22 puntos de 27 posibles, un excelentísimo rexistro!

A SDC Milagrosa fíxose co campionato na 1ª Sur, conseguindo 24 puntos de 27 posibles ata o momento. O campionato foi asinado con autoridade en Frigsa a semana pasada, vencendo por 12 a 1 á Sarriana.

Tamén, na 2ª Sur A, a SD Becerreá conseguiu o título na súa liga. Con 14 de 18 puntos, impúxose a todos os seus rivais!

A súa recompensa a tanto esforzo e bo traballo será para algúns xogar nos provinciais  e para outros estar ben posicionados de cara a afrontar os cruces da copa.

Benxamín:

En benxamíns, o único equipo que conseguiu o título de liga esta pasada xornada foi o Porto de Burela, equipo que cada vez ten máis poderío na base lucense, desde prebenxamíns ata xuvenís. Neste caso, os pequenos acadaron enormes reusltados, 30 puntos de 30 posibles, 10 partidos de 10 gañados na 1ª Norte. Vaia xeración se está cocendo na Marosa!

Tamén en benxamíns, os campións das ligas locais disputarán as fases provinciais.

Alevín:

O protagonismo nesta categoría a pasada xornada sería para o CD Lugo, equipo que conseguiría o título da 1º Sur co seu conxunto “A”, e tamén o campionato na 2ª Sur C co equipo “C”. O Lugo A fixo 27 puntos en 9 partidos, polo tanto, outro equipo con pleno de victorias. Mentres tanto, o Lugo C conseguiu tamén rematou impoluto a competición, 10 victorias en 10 partidos. Pedazo canteira!

Ao igual que no resto das categorías de Fútbol-8, estes pequenos gañadores xogaran a fase provincial, ou ben estarán situados favorablemente na copa alevín.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

1 ComentarioDeixa un Comentario

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*