Once da Xornada 22 da Primeira Galicia

A xornada 22 na Primeira Galicia deixou varias sorpresas. A primeira chegou no campo da Liga. O Antas arañaba un punto ante o sempre complicado Santaballés. Parte de culpa tívoa a actuación do meta Alberto, que aproveitou á perfección a ausencia de Melendo. Foi a xornada dos conxuntos da zona baixa, xa que o Burela deuse un festín diante do Bóveda, con hat trick de Jairo incluido. Ademais o San Ciprián respira un pouco máis grazas a un novo tanto de Borja Mella, que xa é o pichichi da categoría en solitario.

O que estivo a piques de dar a campanada foi o Xove Lago. Gran encontro dos de Kiko Rey ante o Outeiro a domicilio. Juanjo Coello liderou a ofensiva mariñana ante os de Juan Peón, que empataron in extremis. Nos azulóns destacou o xoven e polivalente Samuel. O outro oco na defensa é para Lois, o más destacado da soberbia zaga do Chantada Atlético. O gran traballo defensivo do seu equipo, xunto co gol de Erik decidiron un derbi do Sangoñedo de poder a poder.

Falando de derbis, viaxamos á Mariña. Alí empataron sen goles Valadouro e Foz. Joao sobresaliu nos do Árbol e Brais nun Foz que segue instalado na zona alta. Polas alturas, gañou o líder unha semana máis. A Residencia impúxese nas Rapadas ao Páramo guiada por un espectacular Raposín na medular. Así mesmo, o Monterroso volveu á senda da victoria tras impoñerse ao Pastoricense. Fer non marcou esta vez pero volveu ser decisivo para os de Adrián Vázquez. Por último, o Riotorto asaltou o Luis López Gorgoso cun sensacional Christian. A Milagrosa afúndese un pouco máis e as alarmas xa están acendidas en Frigsa.

 

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 755

Deja un comentario