Ramón Labrada, Meira CF: «Ás veces é necesario parar»

O campo da Lomba, en Meira, é un dos máis estéticos da provincia de Lugo. O seu anfitrión, o Meira, é un dos rivais que todos os equipos temen. E non é un medo infundado. Futbolistas con maior ou menor calidade pero que sempre deixan a pel no terreo de xogo, unha afección que presiona […]

Álex Varela (SD Chantada): «Isto acaba de empezar; tres anos non son nada»

Os seus temas xa resoan pola Ribeira Sacra. As súas primeiras decisións dende un banco manteñen vivo un proxecto. Para Álex Varela (10-11-1998, A Barrela – Carballedo) o fútbol e a música son dúas das súas paixóns. Polo de agora comeza a coller experiencia nos dous ámbitos dende a casa. Colgou as botas moi cedo […]

Diario dun mercado. Episodio 177

Na segunda quincena de xullo xa case sería tempo de iniciar a pretemporada nalgúns dos clubs da provincia. A falta de almanaques que programen o camiño, os clubs continúan preparándose para o que poda vir. Na Primeira Rexional, o Burela comunicou que Luis Salgueiro “Luchi” acompañará a Pepete na dirección do equipo. Pola súa banda, […]

Rubén (C.D. Foz): «Será un ano duro, pero sacarémolo adiante co compromiso de todos»

Unha das grandes promesas do fútbol mariñán é o gardameta Rubén (O Valadouro, 04-06-2000). Logo dos seus comezos no C.D. Foz e posteriormente no Burela, o cancerbeiro deu o salto ao Viveiro, clube no que rematou a súa etapa de formación, compaxinando esta coas convocatorias no primeiro equipo, onde xa demostrou o seu bo facer […]

Diario dun mercado. Episodio 174

Neste verán futbolísticamente atípico, e no que a competición aínda non ten data marcada para o seu retorno, os clubes lucenses seguen a moverse no mercado. O C.D. Foz fichou ao gardameta Rubén, que chega procedente do Viveiro. O xove xogador do Valadouro xa deu mostras das súas cualidades esta temporada na Preferente. Ademáis, presentou […]

Diario dun mercado. Episodio 173

Pese a que o ritmo endiablado que collera a mediados-finais do mes pasado xa se reduxo, o mercado continúa en movemento. Todos os clubes da provincia están tratando de conformar os cadros de xogadores máis competitivos posibles para afrontar a atípica 2020/2021.

Diario dun Mercado. Episodio 170

Chega un novo episodio do noso mercado, con claro protagonismo para a Primeira Autonómica. O Chantada tentará de novo pelexar polo ascenso a Preferente, e para iso renovou ao seu goleador Javi Ramos e tamén ao gardameta Kevin. O Pol, o equipo que está dinamitando o mercado no fútbol lucense, asinou a Adrián Vizoso, goleador […]

Diario dun mercado. Episodio 167

Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces. Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun […]