Miguel Sancosmed: “O mellor e o peor do fútbol son as directivas”

O técnico mariñán reflexiona sobre o fútbol actual afastado do verde

Miguel Sancosmed Dopico (Covas, 1979) é un dos adestradores de referencia da Mariña. Xa van dous anos desde que se afastou do verde da herba e do do Xove Lago. Pero non é capaz de deixar o fútbol. Un romántico deste deporte.

FUTBOLINLUGO: Boas Miguel! Afastarse do banquiño significa afastarse do fútbol?

MIGUEL SANCOSMED: Teño pouco tempo para el, entre o traballo a turnos e o meu cativo. Iso si, sempre estou vendo fútbol, infrmándome e falando coa xente deste deporte. Intento estar ao tanto do que me gusta. E na cabeza sempre está volver, non sei se o ano que vén ou nuns anos.

Na cabeza sempre está volver, non sei se o ano que vén ou nuns anos

FIL: Mentres tanto, recolles os frutos do teu traballo. Uriol, Roi, Pablo Louzao, Rolle, Arturo… Todos en Terceira División.

M. S: Se de algo estamos orgullosos, é de velos agora aí. De aportar o noso gran de area. Están participando de maneira bastante habitual e nunha categoría na que todos queríamos ver ao Viveiro. É unha alegría moi grande ver que todos polas nosas mans. Da valor ao traballo de canteira, ao fútbol base.

FIL: Falabas de valor. Un valor que os clubs rara vez lle dan aos ‘produtos’ da súa canteira…

M. S: Ás veces aos xogadores… cóstalles máis saír a uns que aos outros. Costa ter paciencia, podes saír antes ou despois. Por parte dos clubs é importante ter paciencia con eses rapaces. Darlles as oportunidades cando merecen.

Villares conseguiu chegar porque insistiu cando outros terían desistido

Miguel, no banquiño. LAVOZDEGALICIA

FIL: Ese pode ser o caso de Diego Villares, ao que tiveche na túa etapa en Vilalba. Tardou algo máis en despuntar pero mira, xa no Deportivo.

M. S: Pois si, cando eu estaba xa adestraba co primeiro equipo do Villalbés. Había expectativas dun gran futuro nel. É unha marabilla velo no primeiro equipo do Depor. Conseguiuno porque insistiu cando outros terían desistido. Vamos  a ver se ten sorte. É unha marabilla ver tan alto a xogadores que tiveche.

Unha Primeira Rexional dividida en dous grupos sería máis produtiva

FIL: Falando de Vilalba. Pode ser un dos sitios onde mellor se traballe coa base?

M. S: O ano que estiven eu non houbo moita sorte. Logo conseguiron o ascenso con Simón. Esa xeneración apuntaba alto, viuse nos anos seguintes. Simón e Ruíz tiveron unha labor moi importante en todo. O Villalbés é un dos clubs a seguir, aí vese o fruto da paciencia e apostar.

En Xove seguín un pouco obrigado e arrepíntome de ter comezado esa temporada alí

FIL: E de Vilalba a Xove. Cunha primeira temporada espectacular e a segunda na que marchas pola porta de atrás…

M. S: A última temporada no Xove é unha historia moi complicada. Eu non quería seguir esa temporada. A primeira fóra moi ben pero eu non estaba dacordo por moitas cousas. Seguín un pouco obrigado polos xogadores que me pediron que seguira. As miñas sensacions dende o principio e coa directiva non eran as idóneas. Eu vin situacións que non me gustaban nada e o mellor era deixalo. Arrepíntome de ter comezado esa temporada, ese foi o meu erro. Cousas que pasan no fútbol.

É importante que os clubs teñan paciencia cos seus xogadores

FIL: Vémoste moi reflexivo, falando de descontento con certas situacións. Onde están os problemas do noso fútbol?

M. S: Á marxe da situación complicada na que estamos, o mellor e o peor do fútbol nestas categorías son as directivas dos clubs. Os que traballan a esgalla todo o día no campo é para quitarse o sombreiro. Outras, no entanto, prometen e todo sen facer. Non cumpren co que dicen. Queremos o fútbol a toda costa ou ter un club ben feito? Hai xente que dirixe clubs sen ter idea.

FIL: Algo máis que engadir?

M. S: Que volte a Preferente tal e como está a Terceira División… Non lle vexo moito sentido a xogar partido si, partido non. Non sei se merece a pena. É unha boa oportunidade para replantearse unha remodelación do fútbol afeccionado.

Hai xente que dirixe sen ter idea. Queremos fútbol a toda costa ou ter un club ben feito?

FIL: Que cambios farías? Que é necesario modificar?

M. S: Eu creo que dividir a Primeira Rexional en dous grupos sería produtivo para os xogadores a nivel zonal. Habería menos viaxes, máis derbis. A nivel económico saen beneficiados os clubs. Traeríase máis xente ao campo. E despois xa se faría un play off a final de Liga. Dubido moito que os que mandan nisto deixen facer algo así.

Ten sentido que volva a Preferente? É unha boa oportunidade de replantear todo

EN CURTO

Un xogador: Arturo, do Viveiro.

Un adestrador: Bruno Gómez, Manuel Vicente e Andrés Bustelo. Tres amigos cos que compartín parcela técnica, das mellores cousas que me deu o fútbol.

Un campo: Cantarrana.

Un desexo: Que todo isto mellore, que volva a normalidade. Que a xente que dirixe o fútbol se poña as botas para traballar por un futuro mellor para o fútbol base e afeccionado.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario