Herminia, protagonista da xornada do fútbol feminino

Só dous partidos de todo o fútbol feminino da provincia se puideron desputar esta fin de semana. Ambos na comarca de Chantada, onde as recomendacións polas condicións meteorolóxicas permitiron manter o ritmo habitual da competición, aínda que non sen presenza do forte vento e chuvias. A SD Antas imponse ante a SD Chantada Aínda que […]

O temporal deixa a moitos Máxicos sen partido

A borrasca Herminia deixou pegada no fútbol dos Máxicos. Este domingo tan só se disputaron 3 dos 10 partidos que implican a equipos lucenses na Primeira Futgal, mentres que os restantes 7 agardan por unha nova data para a súa disputa (actualización ao final do artigo). As condicións climatolóxicas impediron que se desenvolvese con normalidade […]

Os xogadores do Oural celebran a súa victoria nun dos poucos partidos disputados por mor da borrasca Herminia

A borrasca Herminia atopa resistencia

A borrasca Herminia fai estragos no fútbol lucense facendo que non houbera partidos nin na Terceira nin na Preferente, pero si nas categorías máis pequenas.

O Castroverde suma a décima vitoria consecutiva

Este Tres en Raia En Boas Mans déixanos, no grupo norte, a racha intratable do Castroverde. O triunfo diante do Rioaveso supuxo o décimo consecutivo. Os de Iago Núñez contan con sete puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado. O Goiriz segue no liderado tras gañar con solvencia ao Celeiro. Matela e Cazás igualaron nun […]

Piru, San Roque: «As vindeiras xornadas van ser determinantes»

O San Roque está a revivir no barrio de Montirón. Logo de quedar conveniado coas EF Polvorín, o club verdibranco loita por voltar á Primeira Futgal, categoría onde agarda consolidarse nos vindeiros anos. O proxecto comezado uns anos atrás deu un salto este curso da man de Rubén Sanjurjo ‘Piru’, que asumiu o mando pleno […]

Tarde de goles da Comercial, Carballedo, San Lázaro e PM Friol

O CD Lugo suma tres importantes puntos Volve á senda da vitoria o CD Lugo grazas ao gol anotado por Noa no minuto 51 do encontro. O partido das luguesas foi moi completo, sabendo controlar os tempos durante os 90 minutos. Na primeira metade, o dominio foi albivermello tanto no ataque como en defensa, creando […]

Os Máxicos compiten como poden baixo a choiva

Nova xornada dos Máxicos da Primeira, que comezaron a segunda volta cunha fin de semana marcada polas baixas temperaturas e a choiva en todos os puntos da provincia. O Racing Villalbés ‘B’ e o Monterroso empatan nun dos poucos duelos sen auga (2-2). A intensidade foi protagonista no Roca ata que Guaje adiantou aos seus, […]

máxicos

Mincha, SD San Lázaro: «Buscarei crear un grupo tan unido coma cando eu era xogador»

A SD San Lázaro vive anos ilusionantes. O cadro da Ponte, pese a verse afastado do seu barrio, compite cada domingo co obxectivo de manter a categoría na Primeira Futgal. Porén, os resultados non están sendo os agardados e, logo da dimisión de Nico Longhini, Alejandro Novo ‘Mincha’ colleu os mandos do club celeste. Polo […]

O Sober, único equipo invicto na casa

O primeiro Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia do 2025 tráenos, no grupo norte, a primeira derrota como local do Cazás no que vai de liga. Foi diante do Goiriz, líder da competición. A tres puntos dos chairegos está un intratable Castroverde, que venceu con claridade ao Matela. O Rioaveso non cede na procura […]

A SD Antas remata a primeira volta líder

O PM Friol comeza o ano gañando con contundecia Aínda que os paróns longos, coma este de Nadal, son unha incógnita para o estado de forma dos equipos, o PM Friol semella ter ben amarrado o seu xogo e anota no seu casilleiro particular outros tres puntos no primeiro partido do ano. O encontro comezou […]

Un club moi por diante nos Máxicos da Primeira

Os Máxicos Salvatierra Abogados viviron o primeiro partido do ano con moita intensidade e emoción. As victorias de Burela, Castro e SD Chantada consolidan aos seus equipos na zona alta da táboa. A SD Chantada supera ao Monterroso no Sangoñedo (2-1). A superioridade inicial dos chantadinos traduciuse no 1-0 de Pablo nun man a man […]