#Fútbol afeccionado #Feminino #Terceira Futgal

Jenny e Martín, os ‘killers’ do fútbol lucense

Martín e Jenny, os killers do fútbol lucense

O fútbol lucense aporta goles todas as semana, pero hai dous xogadores que demostran en cada partido ser os mellores nesta faceta. Jenny e Martín Piñeiro son a raíña e o rei do gol da provincia. A dianteira do Antas xa leva 28 goles no que vai de temporada, mentras que o do Sober alcanza os 23 tantos. Ambos teñen a misma media goleadora con 1,4 goles por partido, uns datos aos que ninguén se achega en Lugo e que confirman o seu gran estado de forma.

Martín Piñeiro comanda da Terceira Futgal

Na Terceira Futgal está o máximo goleador do que levamos de tempada no fútbol lucense masculino con 23 goles. Martín Piñeiro do Sober está sendo clave para que, a falta de dúas xornadas, o seu equipo teña moitas opcións de acadar o ascenso directo. «Está sendo unha tempada moi boa seguindo a liña do meu estado de forma do ano pasado», afirmou o goleador. Os seus mellores partidos foi cando anotou catro tantos ao Bóveda e tres ao Relámpago Taboada.

Todo nunha loita encarnizada por lograr o ascenso a Segunda Futgal e cun partido clave no horizonte. Despois do parón de Entroido pola Copa, un Sober-Monterroso B decidirá gran parte da loita polo ascenso, xa que o que gañe terá pé e medio na seguinte división. Martín apunta que «Vémonos confiados, esperamos que na xornada contra eles gañemos. O noso obxectivo é o ascenso dende o ano pasado e esperamos acadalo por fin».

Jenny, a raíña do gol do fútbol lucense

Se Martín Piñeiro ten unhas cifras brutais, Jenny, dianteira do Antas, está inda por riba en canto a goles anotados. 28 son os tantos que leva a xogadora do actual líder da Segunda Futgal do fútbol feminino. Son algo máis da metade dos 55 goles que leva o seu equipo na tempada, un dato impresionante. A dianteira afirma que «fisicamente atópome nun gran estado de forma. Creo que estou dando o mellor de min para axudar en todo o que poida ao equipo e disfrutando a carón das mellores deste curso».



Hat tricks ante o Lóstrego nos dous partidos e contra o Noia foron as mellores actuacións dunha Jenny que só ten un obxectivo en mente, axudar a que o Antas sexa campión de liga e así alcanzar a Primeira Futgal. «Hai un gran grupo e eso vale moito, estamos nunha posición na que nada está decidido e tócanos seguir traballando. Somos un grupo competitivo, ambicioso e traballador e penso que se mantemos esta liña o Antas vai volver a Primeira», apuntou a raíña goleadora do fútbol lucense.



Jenny e Martín, os ‘killers’ do fútbol lucense

Ribadeo e Pol igualan no derbi do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *