Os Máxicos deixan a derrota do Burela e unha gran victoria do Monterroso

Os Máxicos encaran a fin de semana do Entroido logo dunha vibrante xornada con moitos goles e emoción.

A Residencia supera ao Outeiro na matinal do sábado (3-0). O duelo comezou de cara para a Residencia, cun bon gol de Martín desde fóra da área no minuto 5′ de xogo. Logo de dominar o primeiro tempo, os Máxicos de Rafa Casanova ampliaron a vantaxe pasada a media hora de xogo. A expulsión do local Manu antes do descanso deu osíxeno a un Outeiro de Rei que non soubo xestionar a superioridade numérica no segundo tempo e que viu como Javi Calderón sentenciaba nun contragolpe para pechar o partido na Cheda, 3-0.

A mellor versión do Taboada fixo escala en Xove (0-2). Os Máxicos do «Canti» entraron moi intensos ao choque e, froito diso, conseguiron adiantarse no primeiro tempo. Foi entón cando apareceu a figura do gardamallas visitante Isma, que detivo unha pena máxima e se erxiu protagonista en varias accións de enorme mérito para evitar a igualada local. O Xove, aínda que buscou o gol con moita insistencia, viu como o Taboada —un dos cadros máis especializados nas transicións de toda a categoría— anotaba o definitivo 0-2 para levar os 3 puntos do Municipal.

Festival goleador entre Castro e Meira (6-3). O Castro dominou con claridade o choque, conseguiu poñerse 2-0 e, aínda que o Meira puxo o 2-1, pronto chegou o 3-1. No comezo da segunda metade, os visitantes voltaron anotar para recurtar. Porén, un Castro efectivo castigou aos de Rubén Bergantiños con bo fútbol e intensidade que lles deu unha victoria merecida no choque que se disputou no Arturo Pereiro.



O Monterroso colle aire e deixa tocado ao Oural (1-2). Partido de máxima intensidade no Luis Pallín, con moito en xogo ao medirse dous equipos da zona baixa, pero o Monterroso tivo máis fame e sacou 3 puntos de ouro. Os Máxicos visitantes conseguiron adiantarse na primeira media hora de xogo logo dun erro da zaga local que aproveitou Martín, pero os sarriáns reaccionaron con bo fútbol e lograron empatar cun disparo de Fabián logo dunha acción grupal por banda.

Tras a reanudación e co 1-1 no electrónico, o Monterroso volveu aproveitar un erro local para poñer por medio de Lucas un 1-2 que se tornou definitivo. O oficio e a xestión do choque por parte dos de Fernandito foron decisivos para sacar a victoria nun campo moi difícil.

catro ventos máxicos

O Santaballés e a SD Chantada asinan táboas sen goles (0-0). Partido tan igualado como indica o resultado, aínda que o cadro de Traste tivo algunha opción máis que o seu rival. A orde e a organización de ambos conxuntos imperaron na Liga nun duelo no que os segundos balóns se erixiron decisivos. Ivo detivo unha ocasión clara da SD, mentres que o Santaballés Moncho —xa na segunda metade— fixo o propio nun tiro de Xoán. Os Máxicos chairegos errarían despois un man a man, mentres que no tempo engadido de novo Ivo detivo unha ocasión clara dos visitantes para manter o 0-0 ata o asubío final do colexiado, que anulara un gol por un fóra de xogo moi protestado aos visitantes na recta final.



O Foz gaña o derbi diante do líder (2-4). Aínda que o Burela foi quen de adiantarse nun balón parado e nun remate de Jairo Campo a centro de Antón, o Foz reaccionou e aproveitou dous erros defensivos locais para igualar no electrónico. O plano mental pasou factura aos Máxicos de Oke, que viron como o Foz anotaba dous tantos máis antes do tempo de lecer para chegar 2-4 ao paso por vestiarios. Non cambiou gran cousa para un Burela mermado polas lesións e, aínda que puxeron o 3-4 nunha pena máxima, os Máxicos focenses sentenciaron nun centro co 3-5 e puideron anotar máis goles na recta final dun gran partido.

O Foz levou o derbi mariñán dos Máxicos

O Chantada Atlético gaña ao San Lázaro cun gol por parte (2-0). Os celestes plantaron cara a un Chantada Atlético que atinou nunha das súas poucas opcións da primeira metade: Dani Delgado rematou un rexeite logo dun centro lateral para poñer o 1-0. Co marcador a favor, os Máxicos chantadinos medraron no seu xogo, pero o San Lázaro non baixou os brazos e competiu con moita intensidade. O gol de Anxo no 65′ sentenciou o choque a prol dun cadro local que se defendeu na recta final para evitar encaixar, mentres que os da Ponte tiveron opcións de recurtar diferenzas, pero non acertaron na definición.

O Pastoricense volve respirar logo de gañar en Lourenzá (0-2). Os Máxicos visitantes foron dominadores do choque na primeira metade, pois superaron aos seus rivais en intensidade. Os de Juanma gañaban as segundas accións e tamén xeraban perigo ao espazo, froito do cal chegou un penalti que transformou Raúl. Coa mesma idea, un centro-chut de Saavedra logo dunha boa acción individual foi rematado por Cristian para poñer o 0-2 antes do descanso.

O Lourenzá deu un paso adiante na segunda metade e dominou o xogo. Porén, o bo exercicio defensivo do Pastoricense impediu ocasións claras na Santa Cruz e levou a victoria para un Acebreiro que colle aire con respecto á zona de descenso, que queda a 4 puntos para ambos conxuntos.

A Milagrosa sae do descenso tras vencer en Salvaterra ao Progresista (0-1). Semella que o mellor momento da temporada dos de Madriles está chegando. Logo de superar ao Arenteiro ‘B’ a pasada semana, os Máxicos lucenses fixeron bon o gol de David no treito inicial para impoñerse a un correoso Progresista no seu feudo. Os pontevedreses procuraron o tanto do empate ao longo de toda a segunda metade, pero o excelso exercicio de resistencia albivermello trouxo 3 puntos de moitísimo valor cara a provincia na súa segunda victoria fóra da casa este curso.



O Racing Villalbés ‘B’ e o Guntín protagonizan un choque absolutamente tolo (3-4). Aos dez minutos de xogo, Denis xa anotara unha pena máxima a prol do Racing para poñer o 1-0. Pero o Guntín foi quen de empatar o choque ata en 3 ocasións. O 1-1, obra de Buján. Logo do 2-1 de Yago, Nadir puxo o 2-2 co que parecía que chegaría o descanso. Porén, Denis puxo o 3-2 xusto antes do asubío do colexiado.

A segunda parte mantivo a orde de ambos conxuntos ata que Jose empatou de novo cun 3-3 que non foi suficiente para o cadro laranxa. Cos Máxicos chairegos volcados, o Guntín puxo o definitivo 3-4 por medio de Debasa para sacar tres puntos de ouro do Estadio Roca.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *