Omar, dianteiro do Pol

Omar (Pol): «O partido contra o Ribadeo marcará onde estamos»

A gran xeira de resultados do Pol na Preferente continuou no último partido ante o Lalín tras colleitar a súa terceira victoria consecutiva por 3-1. Os de Manolo García cada vez están máis preto de lograr o seu obxectivo do comezo da tempada coma equipo recién ascendido, a permanencia. Pero no horizonte xa se achega a posibilidade de loitar polos postos de promoción, inda que agora están oito puntos. O Pol verá a súa situación na Preferente no derbi ante o Ribadeo no Pepe Barrera deste domingo ás 17.00 horas.

No último partido, a gran figura foi Omar. Tras unha tempada na que inda non marcara ningún gol, ante o Lalín conseguiu abrir a súa conta persoal da mellor forma posible, cun hat trick. O goleador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do encontro ante o Lalín, o gran estado de forma do Pol, e o final da tempada.

Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:

Partido ante o Lalín: «Estamos competindo moi ben. Estamos nunha xeira de catro victorias en cinco partidos que nos da un respiro na clasificación. A nivel persoal sempre sabe ben un partido coma este, pero o importante é axudar ao equipo».



«Nin o Pol é tan bon agora nin eramos tan malos antes»

Estado de forma do Pol: «Eramos un grupo bastante novo e, inda que competíamos moi ben non estabamos nunha boa dinámica e agora toca estar na boa. Non somos tan bos agora nin eramos tan malos antes».

Tramo final da liga: «O partido contra o Ribadeo vai marcar onde estamos. Se lles gañamos teremos máis tranquilidade e estaremos máis preto da permanencia».

Cambio de técnico: «Non tivo moito tempo a cambiar cousas. Xa tiñamos unha dinámica boa con Roberto. De todos os adestradores se aprende, así que todo o que sumemos é positivo».



Derbi ante o Ribadeo: «Os derbis son complicados. Eles necesitan os tres puntos e agora se houbese arrastres eles caerían. Para eles é unha final e gañarnos a nós é para eles un gran paso. Esperemos que sexa un bonito encontro e que a xente o disfrute».

Omar (Pol): «O partido contra o Ribadeo marcará onde estamos»

Ribadeo e Pol igualan no derbi do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *