Diario dun mercado. Episodio 165

Xa é a tónica de cada día. Hoxe, o Diario dun Mercado chega cargadiño, especialmente na Preferente e na Primeira Galicia. Na primeira delas, a Preferente Norte, o Club Lemos anunciaba onte dúas fichaxes: a do defensor Adrián Cadenas, con pasado na base do CD Lugo e Racing Villalbés, e que chega procedente do CD Castro, e a do atacante Antonio Víctor Rubeis “Toto”, que chega á entidade monfortina desde a SD Pol.

Casualmente, é a SD Pol tamén protagonista na Primeira Galicia. O clube incopora á súa disciplina a Pablo Ruiz, central que procede do Riotorto e con pasado na Segunda División “B”, onde defendeu as cores do CD Lugo. O CD Castro, pola súa banda, renova a Martín “Chufi” e Brais. Alén diso, o Friol renova a Abad á fronte do equipo. Máis ao norte, Vila continuará un ano máis na SD Burela. Por último, saltando de novo ao sur, a SD Chantada asina a Hugo Listón, procedente do Carballedo CF.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario