O anecdotario: A avoa de Ben Johnson viviu en Cerdeiriños (Fer Ovella)

Un curioso arxentino, pouco amigo do esforzo físico, é o noso protagonista desta semana

Se non me falla a memoria, hai algo máis de tres anos que os amigos de Futbolinlugo me permitiron entrar na súa casa por primeira vez. Fiz acababa de vir ó mundo e tocaban noites de insomnio e cambios de pañal. Hoxe, nun escenario mais atípico, Rui obriga a parecida rutina. Cousas da paternidade. Así que recollo a luva terapéutica que me ofrece esta páxina e aproveito os escasos momentos de lecer que permite un lactante en desescalada para agradecer de novo aos argallantes deste bendito proxecto.

Pois isto era un arxentino e outro de Lalín… Podería ser este o inicio desta historia pero antes poñámonos en contexto: Bos Aires, finais de milenio. Centos de galegos collen os cartiños que tiñan aforrados e fan a viaxe de volta ante un inminente bloqueo económico e unha inevitable crise nacional. Corralito, chamáronlle a aquelo. Esteban era fillo da emigración. Un dos moitos que regresou no medio daquel panorama. Medrara xogando á pelota no bonaerense barrio de Belgrano e chegou a xogar nun par de equipos federados en ligas menores da capital. Hincha de River, porteño e ‘canchero’, traía retranca no ADN.

Establecido xa na terra, non tardou en comezar a adestrar coa S.D. Monterroso, por aquel entón en Primeira Rexional. En pouco tempo, o adestrador decidiu que merecía unha ficha oficial no equipo. Esteban era un nove dos que chamamos ‘tanque’, forte e de considerable envergadura, solvente no xogo aéreo e notable en accións de espaldas a porta e fixando ós centrais pero pouco, moi pouco amigo do traballo físico no adestramento.

Nun par de entrenos, Esteban deixou de ser Esteban e pasou a ser ‘Pibe’. Pido perdón pola escasa orixinalidade do alcume. Esa tempada dirixía o equipo Francis, un dos moitos adestradores da escola dezana que periódicamente ocupan o banquiño de Cerdeiriños. Os martes tocaba adestramento con carga física e Francis plantexara un daqueles ‘fartleks’ tan típicos, que consisitían en sucesivos cambios de ritmo alternando rectas e diagonais en intervalos e intensidade variable (futbolistas dos 90, sóavos?). Nun deses esforzos, o Pibe xa farto de correr deixouse ir arrastrando os pés en actitude de escasa implicación. O míster estalou con evidente cabreo: 

Pibe!!! Corre más mi abuela que usted!!! O Pibe agrupou os dedos da man con italiano aceno. Recorden a Cannavaro ou a Gattusso protestando calquera acción e viralles á mente o xestiño. Xa o teñen?. – La concha de su madre!!! Su abuela es Ben Johnson?. Espetoulle o arxentino.

Fernando ‘Ovella’ Arias. Un pai futbolero con pouco tempo. Exiliado lonxe da súa Ulloa.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.