A II Guía Futbolinlugo, en dixital (8)
Volvemos á nosa cita dos luns coa II Guía Futbolinlugo. Hoxe traemos outra nova entrega con catro equipos da Segunda Autonómica, grupo norte: San Ciprián, Roupar, Meira e Cospeito.
Volvemos á nosa cita dos luns coa II Guía Futbolinlugo. Hoxe traemos outra nova entrega con catro equipos da Segunda Autonómica, grupo norte: San Ciprián, Roupar, Meira e Cospeito.
A pasada campaña a piques estivo de facer a súa estrea en Terceira nas filas do Racing Vilalbés logo dunha pretemporada ás ordes de Simón Lamas, pero seguiu medrando no Ribadeo en Preferente Autonómica. Agora Brais Preito Cobas (Frexulfe – O Valadouro, 05/06/1999) non deixou pasar o tren. O Arzúa, equipo revelación da Terceira na […]
Mentres agardamos polo retorno do noso fútbol, seguimos repasando a II Guía Futbolinlugo. Desta volta é o turno para catro conxuntos de Primeira Autonómica: Folgueiro, Friol, Lourenzá e Taboada.
Pouco a pouco voltamos á rutina nos nosos campos. Polo menos nos de Terceira. A pasada fin de semana o balón voltou a rodar en Cantarrana coa posta de longo do Viveiro e o Racing Vilalbés. Co calendario ligueiro xa coñecido, este sábado 26 de setembro dous dos tres representantes lucenses da terceira división xogan […]
Pasaron máis de seis meses desde aquel xa lonxano 8 de marzo cando se detivo o balón no último campo da nosa provincia. O seguinte fin de semana, xa decretado o estado de alarma por mor da pandemia do Covid-19, o fútbol xa era unha preocupación menor para todos nós, incluídos aos que máis nos […]
un Co comezo das competicións máis preto, ou iso agardamos todos, os movimentos no mercado do fútbol lucense comezan a minguar. Malia todo, e coma sempre, traemos as novidades dos nosos clubes. O Polvorín cedeu a Matías Vesprini á S.D. Compostela. O central, que tamén pode actuar no perfil esquerdo da defensa, foi un habitual […]
Continuamos coa dixitalización da II Guía Futbolinlugo, a cal nos serve para lembrar a última temporada, sempre agardando o comezo máis cedo que tarde da nova. Hoxe traémosvos catro equipos de Terceira Autonómica: Fonsagrada e SD Viveiro, pertencentes ao grupo Norte, e Carballedo e Lemos B, do grupo Sur.
Era unha das pezas máis codiciadas do mercado na nosa provincia. José Castro Vilarín «Marino» (Meira, 24/01/1991) deixou Cantarrana por motivos laborais unha vez acadado o ascenso co Viveiro. Pero tiña a Terceira entre cella e cella e o Comandante retorna á orixe e xogará no clube no que se formou: o Racing Vilalbés. FUTBOLINLUGO: […]
Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada. Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou […]
O Celta Barreiros foi o primeiro equipo que comezou os seus adestramentos na nosa provincia. O conxunto celeste, aínda coa incógnita da data na que arrancarán as competicións, decidiu poñerse en marcha. As amplas dimensións do Cascabeiro facilitan os adestramentos físicos individualizados, e desde o clube amósanse encantados co compromiso de tódolos xogadores. Falamos con […]
Chega a terceira entrega da II Guía Futbolinlugo en dixital. Desta volta detémonos no grupo norte da Segunda Autonómica. É o turno de Sporting Pontenova, Guitiriz, Iberia e Abadín.
Comezamos esta nova edición do Diario dun Mercado coa nova incorporación do Peluquería Mixta Friol. O equipo presidido por Geluco Villar, que xogará por segunda temporada consecutiva na Reto Iberdrola fíxose cos servizos de María Amanda Monterroso, xogadora guatemalteca internacional polo seu país, e que procede do Extremadura. Outra nova reseñable é a incorporación de […]
Non foi un verán doado para o Ribadeo F.C. A directiva presidida por Ana Vázquez cumpriu o ciclo de catro anos e deixou paso a un vello coñecido da afección ribadense: Pedro Posada Navia, que se fai cargo do equipo nun momento delicado. Destacado futbolista no C.D. Lugo, Astorga ou Real Avilés, este en Segunda B, […]
Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil […]
O Diario dun Mercado de hoxe comezámolo co equipo de revolucionou este atípico verán: o Pol. O conxunto chairego asinou a Gara, polivalente xogador que xogou a última temporada en Preferente nas filas do Ribadeo, e anteriormente militara no Friol. Na S.D. Chantada seguen a configurar o seu staff técnico, coa incorporación de Álex Porto, […]
Comezamos esta nova entrega do Diario dun Mercado falando de adestradores. O C.D. Lugo non conta con José Durán para o banquiño do Polvorín, e o lucense finaliza así unha etapa na que acadou o desexado ascenso a Terceira, así como dúas permanencias na categoría nacional. Pablo Álvarez, ex xogador do C.D. Lugo e adestrador […]
Unha das grandes promesas do fútbol mariñán é o gardameta Rubén (O Valadouro, 04-06-2000). Logo dos seus comezos no C.D. Foz e posteriormente no Burela, o cancerbeiro deu o salto ao Viveiro, clube no que rematou a súa etapa de formación, compaxinando esta coas convocatorias no primeiro equipo, onde xa demostrou o seu bo facer […]
Neste verán futbolísticamente atípico, e no que a competición aínda non ten data marcada para o seu retorno, os clubes lucenses seguen a moverse no mercado. O C.D. Foz fichou ao gardameta Rubén, que chega procedente do Viveiro. O xove xogador do Valadouro xa deu mostras das súas cualidades esta temporada na Preferente. Ademáis, presentou […]
Chega un novo episodio do noso mercado, con claro protagonismo para a Primeira Autonómica. O Chantada tentará de novo pelexar polo ascenso a Preferente, e para iso renovou ao seu goleador Javi Ramos e tamén ao gardameta Kevin. O Pol, o equipo que está dinamitando o mercado no fútbol lucense, asinou a Adrián Vizoso, goleador […]
Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces. Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun […]