Diario dun mercado. Episodio 181

O Diario dun Mercado de hoxe comezámolo co equipo de revolucionou este atípico verán: o Pol. O conxunto chairego asinou a Gara, polivalente xogador que xogou a última temporada en Preferente nas filas do Ribadeo, e anteriormente militara no Friol. Na S.D. Chantada seguen a configurar o seu staff técnico, coa incorporación de Álex Porto, gardameta do primeiro equipo como preparador de porteiros da entidade, así como Adrián Vazquez, que será o adestrador do conxunto cadete.

https://www.instagram.com/p/CDUNRMtn4M6/?utm_source=ig_web_copy_link

Na Segunda Autonómica, o Mondoñedo renovou a Cendán, que seguirá un ano máis ás ordes de Julio Castro. Os veciños do Celta Barreiros suman novas pezas ao seu taboleiro. Logo da saída de Álvaro dirección Foz, chega ao Cascabeiro  o lateral zurdo Pedro, que logo de rematar a súa etapa de formación levaba un tempo alonxado dos terreos de xogo por motivos académicos.

O Celeiro anunciou a renovación dun dos capitáns, Dani Díaz, así como de Iván Silva, Pelo e o porteiro Josiño. Ademáis o clube viveirense comezou a súa campaña de captación de socios.

https://www.instagram.com/p/CDT3gVGhEQm/?utm_source=ig_web_copy_link

Ademáis, Pablo Martínez, xogador de San Cibrao, que formaba parte do xuvenil do R.C. Deportivo asinou polo C.D. Lugo, tal e como adiantou La Voz de Galicia, onde xogará na División de Honra Xuvenil.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 408

Deja un comentario