O partido Fisioterapia Ronda . . . Cabreiros – San Ciprián: o líder a proba diante dun infalible visitante

Afrontamos unha xornada atípica no fútbol lucense, marcada polo gran número de encontros adiados. A influencia da Covid-19 na sociedade en xeral non é allea ao noso fútbol e boa parte dos equipos da nosa provincia non disputarán os seus partidos nesta fin de semana. Os tres conxuntos de Terceira, tódolos de Preferente agás o […]

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían que xogar a fase de permanencia

Xa comezada a segunda volta na Preferente analizamos a situación dos sete conxuntos lucenses da categoría. Aínda que un dos nosos, a Sarriana, ocupa o liderato o rendimento conxunto non é satisfactorio con cinco equipos en postos de promoción de permanencia, varios deles cunha puntuación moi baixa pensando na segunda fase do campionato. Pouco que […]

As notas para os lucenses da Terceira

Unha vez rematada a primeira volta de campionato na Terceira avaliamos a situación dos tres representantes lucenses na categoría. Ao Polvorín debemos outorgarlle un sobresaínte. Excepcional, e poderíamos calificar ata de sorprendente, a primeira volta do filial albivermello. O conxunto adestrado por Álex Ortiz rematou o 2021 no liderato de Terceira e amosando unha gran […]

O Polvorín e a Sarriana rematan o ano líderes

Rematou o ano futbolístico para os nosos equipos de Terceira e Preferente. O Polvorín fíxoo cun claro triunfo no derbi provincial co Viveiro e o Racing Vilalbés cunha derrota na Madalena diante do Ourense CF. Na Preferente, o derbi da Ribela entre Sarriana e Lemos caeu do lado local, e o Foz fixo o propio […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Lemos: un derbi para rematar o ano futbolístico

Chegamos ao final do ano futbolístico no noso fútbol, pero antes de que este remate tócanos disfrutar dun derbi entres dous dos mellores conxuntos da Preferente. A Sarriana e o Lemos mídense na Ribela o domingo ás 16:30 horas nun encontro marcado polas importantes. Arbitrará o colexiado lucense Pérez Prado. A Sarriana chega ao derbi […]

O Santaballés reconcíliase coa vitoria nunha mala xornada para os lucenses de Preferente

Tres conxuntos da nosa provincia descansaron esta fin de semana. Viveiro e Lemos por obrigas do calendario, mentres que o Polvorín por mor dun positivo en Covid-19 que obrigou ao filial albivermello a aprazar o encontro diante do Noia. O Racing Vilalbés sumou un punto no campo do Choco, mentres que na Preferente non foi […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Pol – Castro: o liderado en xogo no Municipal

N grupo B da Primeira Autonómica lucense un encontro resalta por enriba dos demáis. O domingo ás 17 horas no Municipal enfrontaranse o Pol e o Castro nun choque entre os dous conxuntos invictos da categoría. Arbitrará o colexiado Ángel Pérez Rodríguez. O conxunto local é segundo na clasificación con dous puntos menos que o […]

O Viveiro racha a súa mala xeira a domicilio e a Sarriana remata a primeira volta no liderato

A xornada intersemanal deixounos na Terceira un empate no derbi provincial entre Racing Vilalbés e Polvorín e o triunfo do Viveiro no campo do Noia, o primeiro dos mariñáns a domicilio. Na Preferente, a Sarriana goleou ao Vitoria, o Lemos impúxose no campo do Mugardos, a Residencia arrancou un punto do campo do As Pontes, […]

Festín de goles do Racing Vilalbés no derbi de Cantarrana

A 14ª xornada de Terceira deixounos a goleada do Racing Vilalbés no derbi de Cantarrana diante do Viveiro e o empate do Polvorín co Rápido de Bouzas. Na Preferente, vitorias locales da Sarriana, Lemos e Ribadeo ante Betanzos, Victoria e As Pontes respectivamente. O derbi provincial entre Residencia e Foz rematou cun empate sen goles, […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Racing Vilalbés: o derbi pon en xogo tres puntos vitais

Tardou en chegar, pero por fin está aquí o primeiro derbi provincial da Terceira. O Viveiro recibe no seu fortín de Cantarrana, o sábado ás 16:15 horas ao Racing Vilalbés. O encontro será dirixido polo colexiado coruñés Oreiro Hermida. O Viveiro é decimoterceiro na clasificación, en zona perigosa, con trece puntos. Doce deles acadados no […]

O Polvorín achégase ao liderato nunha xornada na que cae o primeiro adestrador

Triunfos do Polvorín e do Racing Vilalbés na 13ª xornada de Terceira. Os primeiros superaron ao Estradense a domicilio e os segundos gañaron na Madalena ao Noia. O Viveiro caeu na súa visita ao Rápido de Bouzas. Na Preferente, a Sarriana non puido poñer terra de por medio na primeira praza ao perder co As […]

O Lemos suma a cuarta vitoria consecutiva e a Sarriana é novo líder de Preferente

Boa xornada para os nosos conxuntos de Terceira nunha duodécima xornada na que ao Racing Vilalbés lle tocou descansar. O Polvorín achégase ao liderato logo de golear ao Silva e o Viveiro derrotou ao Estradense e continúa firme en Cantarrana. Na Preferente, a Sarriana retornou ao liderato logo de golear ao Foz. No outro derbi […]

Os derbis provinciais de Preferente rematan con triunfos visitantes

A undécima xornada de Terceira déixanos o triunfo do Polvorín no campo do Arnoia, o empate do Racing Vilalbés no Baltasar Pujales e a derrota do Viveiro na Grela diante do Silva. Na Preferente os tres enfrontamentos entres conxuntos lucenses remataron con triunfo visitante. Sarriana, Lemos e Ribadeo saíron vitoriosos das súas visitas a Santaballa, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Chantada Atlético – SD Chantada: o derbi do Sangoñedo máis parello.

O Sangoñedo vístese de gala para o gran derbi chantadino. O Chantada Atlético e a SD Chantada enfróntanse o domingo ás 16:15 horas co arbitraxe de Feijoo Trigo, nun encontro ao que ámbolos conxuntos chegan empatados a sete puntos. O Chantada Atlético comezou a temporada cunha derrota na casa diante do Portomarín, pero os sete […]

Páez debuta con vitoria no Viveiro

A décima xornada de Terceira deixounos a primeira derrota do curso para o Polvorín diante do Arzúa, o empate na Madalena do Racing Vilalbés co Estradense e o triunfo do Viveiro diante do Atlético Arnoia no que foi o debut de David Páez no banquiño celeste. Na Preferente disputouse a oitava xornada, na que os […]

O Polvorín mantense invicto e o Escairón estrea o casilleiro de vitorias

A Terceira RFEF disputou a súa sétima xornada e o Polvorín deu un golpe enriba da mesa ao derrotar ao Barco en Calabagueiros e mantense invicto na zona alta da clasificación. Pola contra, o Racing Vilalbés e o Viveiro seguen sen gañar fóra. Os chairegos perderon no campo do Arzúa e os mariñáns no Morrazo […]