O partido Fisioterapia Ronda . . . Burela – Xove Lago: derbi de altos voos na Marosa

Un derbi entre Burela e Xove Lago recorda a unha época pasada, non tan lonxana, na que os dous equipos tiñan a Segunda B no horizonte. Os tempos cambiaron, a situación económica e industrial mudou e a categoría tamén, pero a esencia segue aí, e o esceario é inmellorable. A Marosa vivirá o domingo ás 16:30 horas un novo derbi no que o cadro local tentará recurtar puntos diante un Xove Lago nun gran momento de forma.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Burela non está a ser un equipo fiable como local. Unha vitoria en cinco encontros, a acadada diante do Riotorto, non é suficiente bagaxe para que os de Luchi se acheguen aos postos de permanencia, obxectivo máximo do cadro verde. Aínda que contan con xogadores experimentados como os gardametas Simón e Kiko e os atacantes Jairo e Miguel, o Burela é un conxunto con xogadores moi xoves, a maior parte nados por enriba do ano 2000, o que amosa ás claras a aposta do conxunto burelao pola xuventude e a canteira. Logo de tres encontros sen coñecer a vitoria, precisan sumar de tres para ollar de lonxe o cuarto posto.

Nunha dinámica oposta chega o Xove Lago. Cuarto clasificado, sen coñecer a derrota desde o catorce de novembro cando caeron pola mínima no campo do Castro. Logo dun comezo dubitativo, os de Bruno Gómez acadaron unha notable melloría, sobre todo no aspecto defensivo que os levou a sumar catro vitorias nos últimos catro encontros, ademáis sen encaixar gol en ningún deles. Ao igual que o seu rival, o cadro xovense tamén marcou a permanencia como o seu gran obxectivo, nunha temporada na que a aposta pola xuventude foi clara.

Deportes Élide

O último enfrontamente entre Burela e Xove Lago na Marosa tivo lugar o 2 de febreiro de 2020 e rematou con empate a un tanto. Felipe Varela e Juanjo Coello foran os autores dos tantos.

que opinan os protagonistas?

JAIRO CAMPO (BURELA)

  • Un bo momento. «Chegamos con gañas de sumar de tres en tres con maior regularidade. Estamos en boa dinámica nunha liga que é moi igualada. Só pensamos en seguir coa proposta de fútbol que se está a traballar e coa cal estamos a disfrutar moito. É certo que o Xove chega con maior vantaxe e é importante reducila, pero nunha liga tan parella vai seguir estando todo moi aberto».
  • O derbi. «Será un encontro no que todo estará igualadísimo e no que esperamos que se vexa un bo ambiente na grada. Eles veñen de non recibir goles nos últimos encontros e queremos que esa solidez defensiva remate na Marosa».
  • A xuventude. «A media de idade do Burela esta temporada é de 22 anos e somos probablemente un dos equipos con máis canteiráns nos primeiro equipo. Tanto so máis veteráns como os máis novos formámonos na Marosa. Esa ten que ser a esencia do actual proxecto e debería ser así na maioría dos clubs da categoría. O bonito é crear identidade nos rapaces e que queiran xogar no equipo do pobo. Ese debe ser o futuro».

PEDRO BUSTELO (XOVE LAGO)

  • A boa racha. «Sen dúbida a clave é a melloría a nivel defensivo. Levamos cinco xornadas consecutivas sen encaixar. Somos un equipo que defende moi ben en bloque baixo e que nos gusta saír á contra. Tamén inflúe que non estamos a ter tantas lesións como a comezo de temporada e no vestiario respírase un gran ambiente».
  • O Burela. «Agardamos un encontro que se decidirá por pequenos detalles, no que o que menos erros cometa será o que se leve o gato á auga. Eles son un grupo moi novo e iso pode ser un factor a ter en conta tanto para ben como para mal, xa que considero que nós temos algo máis de experiencia. Teñen moita velocidade nas transicións e á hora de mover o balón. Ogallá sexa un partido moi bonito e digno dun bo derbi da mariña».
  • O obxectivo. «Está claro que é a salvación. A comezos de temporada creo que todos firmaríamos estar na situación que estamos agora. Ogallá o academos o antes posible e a partir de aí xogar sen presión e ver ata onde é capaz de chegar este grupo, e por que non soñar?».

a axenda

  • Santaballés – Victoria (Domingo ás 16:15 horas na Liga): os de Juan Rodríguez buscarán sumar tres puntos diante dun conxunto que está en promoción de permanencia e non atopa a regularidade nos últimos encontros.
  • Foz – Betanzos (Domingo ás 16:30 horas no Martínez Otero): difícil compromiso para os de Gayol ante o terceiro clasificado. Facerse forte no seu feudo, o primeiro paso para pelexar pola permanencia.
  • Residencia – Ribadeo (Domingo ás 16:30 horas na Cheda): derbi provincial entre un conxunto local que non é quen de gañar desde a terceira xornada e os mariñáns, que pelexan por saír da promoción de permanencia nun bo momento de xogo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • San Lázaro – SD Chantada (Domingo ás 16 horas no Rodríguez Lago 1): logo de catro encontros sen gañar, os de Diego Rey precisan tres puntos para achegarse á zona de permanencia. Enfronte, un conxunto chantadino nunha dinámica oposta e que e que pretende mirar de preto o liderato.
  • Castro – Pontenova (Domingo ás 16:15 horas no Arturo Pereiro): o líder buscará sumar tres novos puntos e manter a condición de invicto diante dun conxunto pontenovés ao que lle urxe gañar logo de cinco encontros sen facelo.
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.