O Santaballés reconcíliase coa vitoria nunha mala xornada para os lucenses de Preferente

Tres conxuntos da nosa provincia descansaron esta fin de semana. Viveiro e Lemos por obrigas do calendario, mentres que o Polvorín por mor dun positivo en Covid-19 que obrigou ao filial albivermello a aprazar o encontro diante do Noia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Racing Vilalbés sumou un punto no campo do Choco, mentres que na Preferente non foi unha boa xornada para os lucenses. Tan só o Santaballés gañou no derbi provincial diante do Escairón. A Sarriana perdeu no campo do Mugardos, o Ribadeo fixo o propio co Victoria e a Residencia co Betanzos. Tamén o Foz caeu como local diante do Montañeros, novo líder do grupo.

Moreno´s Pizza
Deportes Élide

O Racing Vilalbés acada un punto en Santa Mariña con sabor agridoce (1-1).

A primeira parte resultou de dominio local. O Choco tentou facer un fútbol combinativo e os de Simón Lamas, ben posicionados tentaron roubar o balón para xerar perigo á contra. Á media hora de partido chegou o gol chairego en xogada persoal de Pedrosa que se desfixo de varios rivais e rematou pegado ao pao lonxe do alcance do porteiro. O Choco non xerou moito perigo ante meta de Javi Rumbo, que xogou o seu primeiro encontro da temporada.

A segunda metade comezou cunha boa ocasión de Comis que disparou desde fóra da área e rebotou nun defensa do Racing impedindo o tanto. O Racing non estivo preciso á contra e o Choco medrou co paso dos minutos. No último tramo de partido chegou o tanto do empate nun saque desde o curruncho, que tras varios rexeites o balón caeulle ao lucense Alberto Suárez e logrou a igualada. Nos últimos intres chegaron as mellores ocasións para o Racing por medio de Cuadrado e Javi Varela, pero sen fortuna.

A Sarriana perdeu o liderato tras caer no impracticable campo do Mugardos (1-0).

Non se puido ver fútbol na Pedreira. O mal estado do terreo de xogo impediu que se puidera practicar calquer tipo de xogo combinativo e iso perxudicou claramente á Sarriana. Ámbolos dous equipos optaron por un xogo directo buscando segundas xogadas, pero no primeiro tempo poucos achegamentos existiron ás porterías.

A segunda parte viuse condicionada polas expulsións. A Sarriana perdeu a Gerardo, expulsado con cartón vermello directo, e a Omar con dobre amarelo. Malia todo, os de Edu Rodríguez foron quen de aguantar o empate ata o último minuto de encontro cando Andrés Muiños acadou o único tanto para o conxunto de ferrolterra.

Luca´s Grill

Segunda derrota consecutiva para o Ribadeo que non puido sumar no campo do Victoria (1-0).

Confírmase que o Victoria é un rival incómodo para un Ribadeo que non foi quen de sumar ningún punto diante dos coruñeses nos dous encontros desta temporada. A primeira metade foi de dominio local. Nun dos primeiros achegamentos Javi Sande anotou o único tanto do encontro dun disparo lonxano axustado ao pao. O Ribadeo non se atopou agusto sobre o céspede e apenas xerou perigo ante a porta rival e foi o Victoria quen dispuxo de ocasións para ampliar as diferencias.

No intermedio Dani Moirón axustou as pezas e os mariñáns melloraron de longo as súas prestacións e convertíronse nos donos do encontro contando con múltiples ocasións para empatar o encontro e mesmo darlle a volta. Criss nunha xogada persoal, Prosi tras un remate a bocaxarro e e Castrín cun lanzamento de falta gozaron das máis claras. Faltou o acerto para materializalas. Debutou coa camisola celeste o canteirán Diego Gutiérrez.

O Santaballés reencontrouse coa vitoria unha volta despois no derbi diante do Escairón (4-0).

Moi superior o conxunto chairego ao longo dos noventa minutos. Aos vinte minutos os de Juan Rodríguez xa contaban con dous goles de vantaxe, anotados por Vérez e Palomo tras sendas asistencias de Yago. Muñiz cun testarazo puido sentenciar o choque, pero atopouse coa boa resposta de Álex Ávila. A zaga do Santaballés amosouse moi segura e neutralizou os tímidos achegamentos dos de Juan Torrado.

A segunda metade comezou con dominio do Escairón, que saiu dos vestiarios na procura dun gol que os metera no partido, pero non foron quen de xerar ocasións claras de gol. Co paso dos minutos o Santaballés volveu facerse dono do partido e Vérez voltou a poñer a proba os reflexos do gardameta visitante. Na seguinte ocasión chegou a sentencia cun tanto de Yago. Os chairegos controlaron o último tercio de encontro e contaron con ocasións para facer o cuarto, que chegou moi preto do final por medio de Hugo.

A Residencia caeu con claridade no campo do Betanzos nunha segunda parte marcada pola polémica (4-0).

Non se presaxiaba un resultado tan abultado logo do visto nunha primeira metade que rematou sen goles. Comezou forte o Betanzos que inquedou a área rival con chegadas claras e gozou de dúas claras ocasións. Unha detívoa Sanmi nunha boa intervención e outra saiu rozando o pao. Pero a Resi non se quedou atrás e Poratti nun bo remate de cabeza a piques estivo de marcar.

A segunda parte comezou co mesmo guión, pero cinco minutos marcaron o devir do encontro. A primeira acción polémica deu lugar ao primeiro tanto. Un xogador local cometeu falta sobre Rober e colexiado non a sinalou, rouboulle o balón ao lucense e a xogada finalizou co tanto de Juan de Dora. Pouco despois un remate de Poratti que ía cara a portería bateu no brazo dun defensa, interpretando o árbitro que era involuntaria. A Residencia foise do partido e iso aproveitouno á perfección un Betanzos que gozou de gran efectividade. Martín, Juan de Dora e o chairego David completaron a goleada.

Derrota do Foz no Martínez Otero diante dun Montañeros que xa é líder (1-3).

O Foz tuteou a un dos claros favoritos ao ascenso, pero non foi suficiente. A pegada dos coruñeses castigou aos de Gayol que non gañan desde o 3 de outubro.

O encontro comezou mal para os mariñáns. No primeiro achegamento, primeiro gol do cadro visitante, obra de Currás. No ecuador do primeiro tempo David Ben logrou o empate, e mesmo tiveron ocasións para darlle a volta ao marcador.

Na segunda metade o Foz notou o baixón físico propiciado por xogar entre semana e o cadro coruñés aproveitou este feito. Aínda así non virou o encontro ao seu favor ata os minutos finais con dous tantos dun vello rockeiro, Rubén Rivera, un xogador diferencial para a categoría.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 512

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.