Irmandade lucense de sangue na Terceira galega

As previsións apuntan a que a Terceira División, que estrea temporada esta fin de semana, será unha das máis igualadas dos últimos anos polo nivel dos equipos que hai. Á marxe do que vaia dictando a competición, de entrada o que sabemos é que a provincia de Lugo volverá estar representada por dous conxuntos. Despois […]

O almanaque 18/19 da Terceira Rexional

Á publicación do calendario da Terceira seguiulle a decisión de que o FC Becerreá comunicou finalmente a súa decisión de non continuar como equipo sénior na Terceira Rexional, polo que a liga do grupo sur sufre algunha pequena modificación. Quedará con 11 equipos e os conxuntos que se ían enfrontar o FC Becerreá descansarán esa […]

O almanaque 18/19 da Segunda Rexional

A Segunda Rexional comeza en menos de tres semanas (a fin de semana do 8 e o 9 de setembro) con 32 equipos en competición. O sistema continúa sendo o mesmo das últimas temporadas con dous ascensos directos e dous descensos en cadanseu grupo; iso si, as baixadas de categoría poden ser máis polos posibles […]

Diario dun mercado. Episodio 95

O Castro comezou tarde e segue buscando solucións no mercado. Anunciou as chegadas do dianteiro Rubén Fernández, o mediocentro Nico Edrosa e a chegada do defensa Dani Montes (ex xogador do Racing Vilalbés). Ademais Brais e Kevin antigos xogadores da Comercial están adestrando co equipo e a intención do club é que queden para a […]

Diario dun mercado. Episodio 93

O Racing Vilalbés continuará capitaneado por Pablo Vivero. O club fixo oficial a renovación do mediocentro por unha temporada polo que cumprirá a súa vixésimo cuarta no cadro chairego. Ademais, o equipo adestrado por Juan Peón, comunicou a renovación do central Diego Muíña. Na Primeira o Santaballés reforza a defensa coa chegada de Alberto Cornide […]

Gonzalo Edrosa (CD Castro): «Non dubidei en fichar por compromiso co club»

Novos tempos florecen en Castro de Ribeiras de Lea despois de que a nova directiva do CD Castro, encabezada por Marcos Veiga, evitase a desaparición do club. Coa idea de sacar un novo proxecto en Preferente confiaron a dirección deportiva nun dos homes con máis traxectoria do fútbol da provincia. Gonzalo Edrosa Portela (17-07-1961, A […]

Diario dun Mercado. Episodio 87

Intensos movementos pola Terra Chá, na véspera do inicio dunha semana no que moitos equipos comezan a súa pretemporada. Na Primeira move ficha o Santaballés coa fichaxe de Hugo López, extremo procedente do Racing Vilalbés División de Honra Xuvenil. Un dos que xa botou a estiralas pernas na categoría foi o Chantada Atlético. Este venres […]

Bossa (As Pontes): «Ao mellor non tiña o talento necesario que me pedían naquel momento»

Imos aguantar un verán máis sen envellecer, mentras algúns dos «nosos míticos» cos que medramos siga xogando ao fútbol. Juan Manuel Pena Louzao «Bossa» (Viveiro, 16-04-1981) fixo un amago de deixalo hai dous anos. Unha temporada despois, as circunstancias puxérono de novo sobre a herba do Poboado. Os números acompañaron, Bossa volveu liderar o CD […]

Residencia, Valadouro e Matela descenden finalmente de categoría

O Estudiantil confirmou na súa páxina de Facebook que non renuncia a competir na Preferente Norte, polo que remata coas esperanzas que tiñan os equipos lucenses de non baixar de división. A xunta directiva, presidida por Arturo Fandiño, decidiu por maioría absoluta renunciar as pretensións iniciais de saír en Terceira Rexional e optou por continuar […]

Diario dun mercado. Episodio 80

[themoneytizer id=»– Choisissez un emplacement –«] Un dos xogadores da base lucense da o salto ao fútbol sénior. Jacobo Vilariño incorpórase ao Somozas da Terceira Galega, que na vindeira temporada estará adestrado por Stili, procedente do CD Lugo xuvenil División de Honra. Á Terceira poderia chegar Juan Ignacio Brunet para reforzar o Lugo B. O […]

Unha toma de conciencia a tempo

Das catorce xornadas que durou a tempada pasada a segunda fase na Terceira Rexional, só en cinco delas o Cervo estivo en postos de ascenso directo. Despois dunha primeira fase cerrada con números prácticamente inmellorables, o cadro adestrado por Iván Pernas comezou con mal pé o último tramo de competición, aínda que aproveitou o erro […]

Diario dun mercado. Episodio 76

A Sarriana é un dos equipos que máis se está movendo estes días no mercado provincial. Omar Rodríguez converteuse na nova fichaxe do conxunto adestrado por Alberto López nesta etapa na Preferente. Aos seus 31 anos cambia o Municipal de Castro pola Ribela despois de pasar por clubs como o Valadouro, Vilalbés ou Residencia. No […]

Diario dun mercado. Episodio 75

O fútbol feminino continúa medrando na provincia, despois de que a SD Chantada fixese oficial o regreso aos terreos de xogo do seu equipo de fútbol. Once anos despois, o Chantada feminino volve estar federado e xa conta con Andrea, Belén, Iria, Marian, Mirian, Natalia, Noela e Rocío. O conxunto chantadino comparte protagonismo nesta pretemporada […]

Diario dun mercado. Episodio 70

O proxecto do Racing Vilalbés para a temporada 2018/2019 comeza a coller forma despois de que o club fixese oficial as primeiras renovacións e dúas caras novas. O gardamallas Javi Pita, os defensas López e Vérez, os irmáns Jose e Javi Varela e o dianteiro coruñés Álex Pérez continúan no cadro chairego que dirixirá Juan […]

A Terceira Rexional volverá ter dous grupos

  Na reunión mantida entre a Delegación da Federación en Lugo e os equipos presentes da Terceira decidiuse por votación volver ao modelo de competición de hai dúas temporadas. A Terceira Rexional estará dividida en dous grupos no que ascenderán os dous primeiros clasificados de cada un; mentres que do terceiro ao sexto xogaranse outra […]

Diario dun mercado. Episodio 68

  O histórico Compostela non vai deixar de ter presenza lucense no seu cadro de xogadores. Despois da baixa de Diego Rey, o dianteiro Santi Gegunde continuará no cadro adestrado por Yago Iglesias unha temporada máis. Na Terceira tamén seguirá o ex adestrador do Racing Vilalbés, Óscar Gilsanz, que adestrará o Laracha, un cadro que […]

Miguel (SD Burela): «Tarde ou cedo tiña que voltar»

  O regate non está de moda no fútbol de hoxe en día. Vémolo cada día no mundial de Rusia onde é raro ver un contra un no que un extremo encare ao lateral. Por sorte, no noso fútbol aínda temos futbolistas que che fan erguerte do teu asento. Un deles é Miguel Gomes, que […]