Os sobranceiros da Terceira na 3ª xornada

A Milagrosa no grupo norte e o Quiroga no grupo sur son os dous únicos equipos que gañaron os tres partidos que xogaron na Terceira Rexional lucense. Ben é certo que no sur, só catro equipos disputaron tres partidos. Nesta xornada foi o turno de descanso para o Lemos B e o Antas.

No grupo norte, a Milagrosa queda soa á fronte da clasificación ao vencer pola mínima ao Cazás e aproveitar os resultados non tan positivos dos seus rivais. Un gol de Óscar volveu ser decisivo unha xornada máis. No cadro xermadino agardan ansiosos a volta ao Catro Ventos para tentar volver á seguridade defensiva que os caracterizou no seu campo. Segundo na táboa é o Celta Barreiros que venceu con contundencia ao Celeiro no duelo mariñán da tempada na Terceira. Roberto con tres goles, Álvaro e Jorge lideraron o cadro de Barreiros coa súa actuación.

Tamén con sete puntos atópase a Fonsagrada que gañou pola mínima na casa do Lugo Unión. Javi Freijo e Víctor foron os destacados dun triunfo que mantén ao conxunto fonsagradino sen encaixar ningún gol. Colle pulo o Matela co seu segundo triunfo consecutivo e con contundencia ante o Rioaveso. Por riba de todo salientou o traballo de Adrián «Torito» que marcou catro goles, xunto coa labor de Óscar «Gayoso». Pola contra, o Muimenta sufriu a primeira derrota da tempada ante un Friol B que conseguiu a primeira vitoria cun protagonista claro: Santi Carballido que marcou catro goles. No conxunto adestrado por Basi salientou o traballo de Irimia, Javier Morán e Miguel Morán, aínda que os erros condenaron ao equipo. Tamén estreou a súa puntuación o Alfoz que no primeiro partido de Casal dirixindo dende o banco superou ao Catro Roldas na Canteira. Os autores dos goles Jose e Legaspi, xunto con Luismi guiaron o conxunto verde e branco.

No grupo sur o Quiroga é o lider en solitario logo de sumar o terceiro triunfo da tempada na súa visita ao Relámpago Taboada. Dani Gemelo e Jose Gemelo amosaron a súa superioridade no ataque do cadro visitante.  Segundo queda o Paradela que non pasou do empate no Poste ante o Rubián. O cadro de Rubén Bergantiños non estivo acertado nos momentos decisivos. Encaixou un gol en propia porta co que os locais empataron o partido e fallou un penalti nos instantes finais.

Quen medra na clasificación é o Río Sil ao vencer por segunda semana seguida, desta volta ante o Castroverde. O equipo soberino volveu ter no contraataque a mellor arma para batir ao seu rival. Isma cun dobrete e Molina cun gol de volea foron do máis salientable do choque. Nos locais non faltou a súa cita co gol David, a pesar de que non serviu para acadar ningún punto. Por último, o Sober, con Martín e Mauro como guías, recuperou sensacións despois de descansar e colleitou o primeiro triunfo ante un filial do Taboada no que Jony, Dieguito e Fabricio foron os máis sobranceiros.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.