As nosas guerreiras da fin de semana

Maio. Houbo un tempo no que este mes era o momento decisivo en todas as competicións. Porén, neste 2021, os clubes femininos da provincia aínda teñen moitos obxectivos polos que loitar, xa que a liga comezou fai escasas semanas.

A Axenda: necesidade na Reigosa e duelos directos en Cantarrana e na Pinguela

A tempada “regular” está a piques de chegar a súa fin para algúns equipos. Un exemplo é a do Racing Villalbés. Ao cadro chairego quédanlle dúas xornadas por xogar da 2ª fase. Xoga o Partido Fisioterapia Ronda desta finde ante o Choco. Se gaña, clasifícase para o play off. Ademais da cita da Madalena este […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Choco: tres puntos que garanten o play off de ascenso

O Racing Vilalbés afrontará na penúltima xornada da segunda fase de Terceira un encontro decisivo diante do Choco. Será o domingo ás 17 horas na Madalena coa arbitraxe do colexiado compostelán Martínez Santos. O cadro chairego, cun triunfo, garantirá a súa presenza no play off polo ascenso a Segunda RFEF. Os dous conxuntos chegan a […]

O partido en imaxes: Santaballés – Residencia (2-0)

A primeira xornada da segunda volta na Preferente lucense enfrontou na Liga ao Santaballés e a Residencia. Os locais gañaron o encontro con dous tantos de vantaxe. O primeiro marcado na primeira metade por Chechu. O segundo anotado por Jorge Pereira ao transformar un penalti. Coa vitoria, o conxunto de Santaballa presenta a súa candidatura […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana de boas e malas novas para as nosas futbolistas. Entre as cousas positivas, que todos os equipos (agás a SDC Milagrosa, que descansou) competiron. Entre as negativas, as derrotas -entre outros- de PM Friol e ADC Monte Forte.

Dous golpes na mesa en casa allea

Así foi a Xornada 5 da Preferente. A zona alta colle forma con dous triunfos clave a domicilio

O Viveiro camiña con paso firme cara a permanencia

A xornada dos tres representantes lucenses en Terceira saldouse con dous triunfos e unha derrota. O Viveiro gañou en Cantarrana ao Ribadumia e ampliou as diferencias cos seus perseguidores, mentres que o Polvorín sumou tres puntos diante do Alondras que o manteñen vivo na súa pelexa polo ascenso directo. O Racing Vilalbés caeu na última […]

A Axenda: o Racing xoga dous partidos na Magdalena

Esta finde a hora permitida para recollerse aumenta. Así que pode ser unha razón de peso para desprazarse pola provincia e ver fútbol. Sempre cumprindo coa normativa vixente e coas peticións que fagan dende os distintos campos. Actualmente, está autorizada a mobilidade por todos os concellos da provincia de Lugo. As coincidencias fan que tanto […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Ribadumia: tres puntos vitais nun encontro con sabor a revancha

O grupo pola permanencia chega á súa terceira xornada e o Viveiro afronta unha cita crucial en Cantarrana. Será o domingo ás 17:30 horas diante do Ribadumia, coa arbitraxe do colexiado coruñés Méndez Castro. O encontro, con ámbolos conxuntos separados por tan só tres puntos, será unha reválida para os mariñáns logo da eliminación na […]

Asier Burundarena e Edgar marcan o seu segundo gol en Terceira no Couto

Hai bos campos en Galicia, pero O Couto de Ourense non está nada mal para marcar goles. A 2ª xornada da 2ª fase na Terceira deixou a estrea do focense Asier como goleador na categoría fóra da casa. Ademais, algúns dos representantes da provincia avanzan nos seus obxectivos. Quedan doce puntos en xogo para que remate […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana «histórico» para as nosas guerreiras. Xa non lembrabamos o que era ter competicións femininas en tres categorías distintas con representantes da provincia. Á xa comezada Primeira Galicia e ao Reto Iberdrola do que levamos a falar desde outubro, uniuse este domingo a Segunda Galicia. Porén, o comezo das lucenses na Segunda Galicia […]

Resístese o triunfo lucense malia ser quen de marcar tres tantos fóra

Viveiro e Racing Vilalbés foron quen de anotar tres goles en campo contrario, pero este feito non foi sinónimo de vitoria. Foi meritorio o punto dos mariñáns no Couto diante da UD Ourense, aínda que logo de adiantarse tres veces no marcador ten un sabor agridoce. Os chairegos caeron no campo do Choco malia perforar […]

A-56: A liga interprovincial entre Lugo e Ourense xa está aquí, con permiso do Lalín

Esta finde comeza a Segunda Galega Feminina. Trinta e seis equipos compiten nun formato curto. Estarán distribuídos en sete grupos. Haberá dous ascensos en xogo á Primeira Galega. O futfem volve unir deste xeito as provincias de Lugo e de Ourense. A A-56 vén protagonizada polo inicio da 2ª, xa que tres equipos lucenses e […]