Destacados Primeira. Xornada 14

*Santaballés-San Ciprián: Novo triunfo dun serio Santaballés que segue en zona de ascenso. O cadro de Dani Moirón adiantouse nunha das escasas ocasións que se rexistraron no primeiro acto. Despois do descanso, os chairegos aproveitaron un erro defensivo dos mariñáns e fixeron o segundo da tarde. A falla dun cuarto de hora para o remate, […]

Palabra de… Chiqui: «A importancia do vestiario»

Como todos sabemos existen moitas diferenzas entre o ‘noso’ fútbol e o mundo do fútbol profesional. Nos tempos que corren cada vez son máis evidentes e acrecentadas debido a gran profesionalización do fútbol e do deporte en xeral. Onde desde moi cativo, adéstrante para mellorar e conseguir chegar a cumprir ese soño casi inalcanzable  de […]

Destacados Primeira. Xornada 13

*Pastoricense-Lemos: O líder atopou un gran rival no Acebreiro. O Lemos dominou a posesión aínda que xerou moi pouco perigo na primeira metade. Adiantouse ao inicio da reanudación ante un Pastoricense que tivo unha boa ocasión para igualar de novo. No entanto, foron os monfortinos os que aumentaron as diferenzas na seguinte xogada. A falla […]

Palabra de… Suso Tallón: «A esencia do fútbol afeccionado»

 Sábado e domingo , semana tras semana, a esencia do noso fútbol vívese ao longo e ancho da nosa provincia. Onde a ilusión de moitos xogadores e pobos conflúe nunha mesma ilusión, o amor e enfermidade polo fútbol. Dende xogadores que estudan fóra e veñen os venres para os seus pobos de orixe, a persoas […]

Destacados Primeira. Xornada 12

*Riotorto-Chantada Atlético: Goleada do Riotorto nun encontro moi aberto e plagado de ocasións. Pablo Ruiz, nun saque de esquina, foi o único que viu porta na primeira metade. Tralo descanso, os de Labrada intensificaron o seu dominio e o 2-0 chegou cun tiro cruzado de Felipe Varela. O gol relaxou aos mariñáns e sacou o […]

Palabra de… Paula Insua: «Unha familia loitadora, o mellor agasallo»

Hoxe é día de partido. Estes días sempre me levanto ca mesma sensación de sentimentos encontrados. Por unha parte con moitas ganas de poñer as botas, saír ao campo e dar o mellor de min. E por outro, eses nervios por non saber o que me vou atopar e se este xeonllo rebelde vai aguantar […]

Destacados Primeira. Xornada 11

*Pol-Xove Lago: José Manuel estreouse no banco do Xove Lago cun empate in extremis nun feudo complicado. A primeira metade foi igualada. Carlitos perdonou para os de Abad e Andrés Bustelo e Juanjo Coello fixeron o propio para os mariñáns. Na reanudación, os locais deron un paso adiante porén os goles non chegaron ata o […]

Palabra de… Javi Regueiro: «O orgullo de xogar na casa»

Cando o meu amigo Diego me propuxo falar nesta sección, foron moitos os temas que me viñeron á cabeza para poder expoñer, pero crin que o máis xusto era acordarme dos meus, desa xente coa que levo compartindo momentos de bar, clase e fútbol, dende moitos moitos anos. Hai trece anos que Anxo, adestrador das escolas do […]

Destacados Primeira. Xornada 10

*Xove Lago-Atlético Escairón: Encontro con dúas partes moi diferenciadas no Municipal. Na primeira mandou o Xove Lago, que puido obter máis vantaxe ao descanso que o solitario gol de Juanjo Coello. O choque nivelouse na reanudación e as mellores ocasións pasaron a ser para o Atlético Escairón. Pandiani aproveitou unha mala saída de balón local […]

Palabra de… Ferreirós: «Pol, o gran rebote da miña vida»

Vinte e tres anos fai que cheguei a este gran club. Podo dicir que foi de rebote, xa que un venres á noite xogando ao fútbol sala na Liga local de Castro; foi José Luis Tellado (Panadeira), por aquel entón adestrador da S.D. Pol e a día de hoxe noso presidente, ía ver a un […]

Destacados Primeira. Xornada 9

*Monterroso-Burela: O cadro de Roberto Rielo firmou unha gran primeira media hora e púxose 3-0 no marcador. Con dous goles de Dabouza incluídos. O Burela aproveitou dous erros para reducir a un só tanto a vantaxe dos da Ulloa. Magnífica efectividade de Javi Celes, autor dun doblete. No comezo da reanudación, Miguel Gomes aproveitou un […]

Palabra de… Borjita: «Os superheroes do fútbol afeccionado»

Son as 17.11 horas do venres, fai algo máis dunha hora que saín da oficina (actualmente traballo e resido na zona norte de Madrid) e escribo estas verbas dende o coche, viaxando pola A6 camiño do adestramento das 21.00 nas Rapadas, o campo da S.D. O Páramo. Algo corrente na miña rutina semanal. Quizais por […]