#Fútbol afeccionado #Feminino

A derrota do San Lázaro deixa ao PM Friol B como único equipo invicto

O PM Friol B é máis líder na Segunda Galicia. Suma os seus sete encontros por triunfos e desde este domingo é o único equipo invicto na competición. As rapazas de Santi Vieitez leváronse o derbi ante un San Roque á alza. Dous goles de Covi, un ao inicio de cada parte, encarrilaron o encontro para as locais ante un equipo verdibranco que tivo os seus momentos e oportunidades a pesares das múltiples baixas que presentaba en ataque. O balón parado foi decisivo para as da Reigosa, xa que así anotaron dous dos seus tres tantos. Entre eles o último, nun saque desde o curruncho.

Saltou a sorpresa noutro dos derbis da xornada. O Carballedo deu a campanada nas Gándaras, condeando ao San Lázaro á súa primeira derrota. As de Adrián Rodríguez aproveitaron o frouxo inicio das capitalinas para adiantarse nunha acción ensaiada de córner. O gol espoleou ao cadro de Luchi, que igualou nos últimos compases da primeira metade. Na reanudación, o San Lázaro deixou pasar o seu tren e o Carballedo levou o premio gordo grazas a unha nova acción a pelota detida. Diana Gómez rematou ao fondo das mallas tras un golpeo de falta ben executado polas do sur da provincia.

No último dos duelos entre equipos lucenses, o Chantada impuxo a lóxica ante o colista Comercial. A boa versión das Vivian Dors resultou insuficiente ante un Chantada que fixo os seus dous goles antes da media hora de xogo. Na segunda metade, o partido trabouse máis e o marcador non se volveu mover.

Ademais, a Milagrosa regresou de baleiro da súa visita ao Santiso. As de Héctor Expósito igualaron o 1-0 inicial a falta de tres minutos para a conclusión. Iso si, viron como as locais lograban o 2-1 definitivo na prolongación, nun despexe que se converteu en tiro. Quizais o máis xusto tivera sido o empate.



Por último, o Monte Forte asinou un partido para olvidar ante o Arzúa. Os excesos de confianza despois da vitoria no derbi ante o Chantada, xogáronlle unha mala pasada ás rapazas de Perry. O bo inicio das monfortinas, con gol de Sara Mougán incluído, foi un auténtico espellismo ante un rival que logrou tres goles no derradeiro cuarto de hora da primeira parte.

Punto agridoce para un Lugo que provocou cambio de líder

O Lugo deixouse dous puntos nas postrimerías do seu encontro ante o Orzán. As de Joaquín Blanco volveron repetir os pecados habituais que tanto as están a condear esta tempada. Dominaron e xogaron ben pero a puntería non está sendo o punto forte das albivermellas. Deixaron ao líder con vida na primeira metade, xa que puideron marcar máis goles que o de Yanire xusto antes do descanso. Na segunda parte, o Lugo non foi quen de resolver e pasoulle o mando pouco a pouco ás coruñesas. Chegando o empate local no minuto 87 nunha acción a balón parado. Punto agridoce para as lucenses e para un Orzán, que se deixou o primeiro posto nesta xornada.

Yanire, MVP All Star Futbolinlugo, marcou esta xornada

Pola súa parte, o Antas tivo contra as cordas ao Tomiño durante máis dunha hora. Marchou ao tempo de lecer en vantaxe, cun gol de Iria desde os once metros. E ratificou a súa melloría ante un rival que se levou os tres puntos nos últimos vinte minutos. Especialmente, cos tres goles consecutivos anotados nun lapso de tempo de catro minutos. As do Castro Seoane acusaron o esforzo realizado durante boa parte do encontro nun amargo desenlace.



O PM FRIOL PUNTÚA POR SEGUNDA SEMANA CONSECUTIVA

O PM Friol xa non é o cabeiro da táboa despois de arañar un punto no feudo do Sárdoma. As rapazas de Covi fixeron unha boa posta en escena e adiantáronse cun gol de Nerea Marín nun rexeite a un gran testarazo de Mabel Okoye. A primeira metade foi das lucenses, que viron como un afastado disparo duns 40 metros poñía de novo as táboas no marcador e o definitivo 1-1. O cadro vigués mellorou tralo descanso ante un PM Friol que foi a menos. As da Reigosa tiveron o seu momento no ecuador do segundo acto. Porén, víronse obrigadas a achicar auga no tramo final para poder puntuar por segunda semana seguida. Martín salvou o 2-1 na mesma liña de gol.

resultados da xornada

Noela marcou o definitivo 0-2 ante a Comercial

Sárdoma 1-1 PM Friol

Orzán 1-1 Lugo

Antas 1-4 Tomiño

PM Friol B 3-0 San Roque



Monte Forte 2-4 Arzúa

Santiso 2-1 Milagrosa

San Lázaro 1-2 Carballedo

Comercial 0-2 Chantada

A derrota do San Lázaro deixa ao PM Friol B como único equipo invicto

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

A derrota do San Lázaro deixa ao PM Friol B como único equipo invicto

Un ‘alemán’ guía ao Folgueiro e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *