#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

Os máxicos seguen a loitar pola súa hamburguesa e polos éxitos dos seus equipos, nunha xornada histórica para o noso fútbol, con 50 goles entre os 9 partidos da Primeira Autonómica.

Taboada 7-5 Sporting Pontenova: primaron os ataques na Medela nun partido absolutamente tolo. Logo de adiantarse os visitantes, o Taboada mellorou e mostrou unha boa versión no primeiro tempo, acadando o 3-1. Xusto antes do descanso chegou o 3-2, pero un efectivo Taboada puxo o 4-2 tras o paso por vestiarios. Volveu recurtar un Sporting que non lle perdeu a cara ao partido, pero outro gol local e dous penaltis condenaron aos mariñáns, que aínda anotaron dous goles máis para pechar o resultado en 7-5.

Pastoricense 0-6 SD Chantada: gran partido da SD Chantada no Acebreiro, no que o Pastoricense non foi quen de competir. Logo de varias accións de calidade dos chantadinos, o resultado ao descanso era de 0-5. Os visitantes pecharon o choque no 50′ co 0-6, para despois controlar a posesión e impedir aos locais anotar o tanto da honra.

Lourenzá 2-2 Burela: gran inicio dos visitantes, que conseguiron o 0-1 tras un saque de banda. O partido mantivo un ritmo alto, con achegamentos para ambos pero con dominio do Burela. Tras o descanso, os verdes fixeron o 0-2 logo dunha acción desafortunada dos locais. O ‘Atleti’ non se desmoronou, fixo unha última media hora moi meritoria e acadou o empate por medio de Pichi e de Jorge. Partido moi animado este domingo na Santa Cruz.



Antas 2-3 Atlético Escairón: partido bonito no Castro Seoane. O cadro local se puxo por diante cun disparo desde fóra da área no 5′, pero os visitantes reaccionaron e dominaron ao seu rival para remontar o choque antes da primeira media hora, 1-2. Na segunda metade mellorou a SD Antas, pero o Escairón tamén gozou de ocasións claras para anotar. Os visitantes ampliaron a renda, 1-3, pero un golazo de Álex de falta puxo o 2-3 e permitiu aos celestes apretar a meta defendida por Macías, pero os tres puntos marcharon para o Saviñao.

Castro 2-1 San Ciprián: o Castro logrou adiantarse aos 15 minutos de xogo, pero o Sanci se mantivo ben plantado sobre o campo, sen encaixar máis goles. No segundo tempo, os mariñáns quedaron cun xogador menos, pero foron quen de transformar un penalti que puxo o 1-1. Co empate, o Castro se volcou e conseguiu o 2-1. Na recta final, os visitantes apretaron e gozaron de opcións, pero o marcador non se moveu.

Santaballés 2-1 Riotorto: primeira parte na que o Santaballés comezou moi ben e o Riotorto aguantou as estocadas locais. Co paso dos minutos, o duelo igualouse. Pouco despois do descanso, o Riotorto fixo o 0-1 e deixou tocado ao Santaballés, contando con opcións para o 0-2. Pero os da Liga se repuxeron e empataron a falta de 10 minutos. Pouco despois, nunha acción protestada polos visitantes, Vérez culminou a remontada chairega, 2-1 en Santaballa.



Monterroso 3-2 Xove Lago: o Xove conseguiu o 0-1 á saída dun córner e foi dominador da primeira parte, na que xerou moito perigo a balón parado. O Monterroso tivo un disparo ao pau, pero ao término dos primeiros 45′ o resultado era de 0-1. No segundo tempo, a mala sorte se cebou con Xesús, xogador do Xove que sufriu unha grave lesión de xeonllo e ao que mandamos unha forte aperta. O partido estivo detido 30 minutos mentres se agardaba pola ambulancia. O desconcerto permitiu ao Monterroso remontar unha vez se reanudou o xogo, por medio dun penalti e unha boa acción vertical de David. Os mariñáns conseguiron repoñerse e empataron na recta final, 2-2, e tiveron o 2-3 nun balón parado, pero non anotaron, e un contragolpe local puxo o definitivo 3-2 no último minuto.

Chantada Atlético 6-3 Foz: partido entre dous equipazos no Sangoñedo. O Chantada Atlético puxo o 2-0 ao comezo, pero un gran Foz empatou antes do descanso, 2-2. Os chantadinos volveron coller unha renda de dous goles grazas á súa verticalidade, e o Foz recurtou diferenzas no 80′. Era o 4-3. Cos mariñáns volcados e o partido roto, o Chantada fixo dous goles máis para sentenciar un precioso choque, 6-3.

Outeiro de Rei 1-2 Pol: un gol en propia meta mediada a primeira parte puxo o choque de cara aos visitantes, aínda que o Outeiro iniciara moi ben o partido. Pouco despois, Michi fixo o 0-2 que fixo dano aos locais. No segundo tempo, Outeiro deu un paso adiante e recurtou diferencias por medio dun penalti e puido empatar despois, pero o Pol soubo sufrir e sacou tres puntos de ouro.

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

O Racing Vilalbés golea e suma a

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

A derrota do San Lázaro deixa ao

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *