#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 254

O Pichón, Muimenta

Unha vez comezado o fútbol da 3ª RFEF, os equipos do resto de categorías continúan coa planificación da tempada. Despois dunha finde de amigables e de nova música polas ribeiras do Lea, contamos os movementos que se produciron no mercado lucense nas últimas horas.

Precisamente o Castro que estrea himno incorpora a Josiño ‘Rumbera’ como novo adestrador de porteiros. Encargarase desa faceta en todas as categorías do club. Na Primeira Rexional tamén se produciu a renovación de Pedro Bustelo no Xove Lago.

Na Segunda Rexional, o Muimenta anunciou as renovacións dos defensas Diego González ‘Arri’, Álex Barja e Rubén e dos centrocampistas Daniel Irimia e Pablo Regueiro. O Antas continúa comunicando a continuidade dos seus xogadores. Anxo e Pablo seguen no cadro da Ulloa ao que chegan Jhony e Adri que soben dende o xuvenil e Javi Criado que chega procedente da SD Monterroso.

Pola súa banda, na Terceira Rexional o dianteiro Julio García xogará na Comercial. O xogador conta con experiencia en equipos como o Corgo, o Valadouro ou o Polvorín.



Con respecto ao fútbol base, a SCD Milagrosa presentou a catro dos integrantes da formación no club: Iván López Cabo, Fran Rodríguez, Bruno Vasco e Uxía Sánchez.

Diario dun mercado. Episodio 254

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *