#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O anecdotario: «E co dez… Aznar», por Fernandito

Aznar, o dez, no centro da imaxe.

Isto remóntase á miña época como xoven xogador do Monterroso. Tería 19 ou 20 anos e estaba no equipo do pobo. Era o fin de semana de ‘Carnavais’ no pobo. Xa vos podedes imaxinar… O club organizaba unha festa de Entroido coa súa correspondente ruta.

Complicouse a festa… Complicouse a ruta final… É dicir, que se estendeu ata o día seguinte. Fun xogar case sen durmir. Aínda ía disfrazado coa máscara do expresidente do Goberno José María Aznar.

De feito, fun coa máscara posta ao campo. Creo que era en Paradela. E nada… Cando foi dar o once o adestrador dixo: «E co dez… Aznar». Despois creo que ata Aznar marcara un gol.

Fernando Sánchez García ‘Fernandito’. Adestrador do Portomarín, referente en Monterroso



O anecdotario: «E co dez… Aznar», por Fernandito

Chega o momento dos gardamallas en Monforte

O anecdotario: «E co dez… Aznar», por Fernandito

O Polvorín golea en Abegondo e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *