O calendario quixo que nas vísperas de Noiteboa poideramos disfrutar dun dos grandes encontros da Primeira Autonómica. Será o domingo, ás 16 horas no Municipal de Outeiro, onde se enfronta o conxunto local co Chantada. Ademáis, ámbolos conxuntos contan co aliciente de poder marchar ao parón navideño en postos de ascenso.
O Outeiro de Rei ocupa o terceiro posto na clasificación. Logo dun ano de aprendizaxe na Preferente, no que malia a competir axeitadamente non puido manter a categoría, volta a ser un dos equipos máis fortes dunha Primeira na que cohabitan moitos aspirantes ao ascenso. Os de Cholas, a pesares dun comezo un tanto irregular con tres derrotas consecutivas a finais de setembro, acadaron unha mellora significativa que os levou a estar metidos de cheo na pelexa polos primeiros postos. A fortaleza defensiva é unha das claves desta boa clasificación, con tan só nove goles encaixados, soamente superado polo líder, o Club Lemos.

Pola súa banda, a S.D. Chantada ocupa o segundo posto na táboa clasificatoria, logo de gañar os últimos seis encontros de liga. Co obxectivo do ascenso na retina, pero sen obsesionarse con él, e apostando pola xente da casa, os pupilos de Juan Rodríguez superaron un comezo de liga no que, a cada vitoria sucedíaa unha derrota, non acadando puntuar a domicilio ata o 11 de novembro, cando lograron vencer na Mina ao Sporting Pontenova. Ademáis tiveron que xogar no «exilio» de Rodeiro por mor das obras de reforma do Sangoñedo. A diferencia do seu rival desta xornada, o punto forte dos chantadinos está na parcela ofensiva, logrando marcar dous goles por encontro.
O último enfrontamento de ámbolos conxuntos en Primeira Autonómica data de fai máis de quince anos. Foi o 28 de setembro do 2003 no Municipal de Outeiro, e rematou en empate sen goles.


Danos a súa opinión deste encontro dous pesos pesados dos dous clubes: Jorge Pereira (S.D. Outeiro de Rei) e David Diéguez «Kadete» (S.D. Chantada).
QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?
PEREIRA (S.D. OUTEIRO DE REI)


– O derradeiro partido do ano. «Afrontámolo con moitas ganas, co obxectivo de rematala primeira volta cunha vitoria e ademáis en posto de ascenso. Pero sen esquecernos de que son tres puntos igual que calquera outro encontro».
– O Chantada. «Ademáis de contar cun bo equipo, todos sabemos que as dinámicas no fútbol son determinantes, e neste caso o noso rival trae consigo unha racha positiva moi importante».
– O futuro inmediato. «Está sendo unha primeira volta igualadísma e que seguro que van estar moi complicado conseguir un dos postos de ascenso. Persoalmente, penso que nos agarda unha segunda volta moi bonita e interesante».
KADETE (S.D. CHANTADA)
– A racha de triunfos. «A clave da reacción foi creer no que faciamos e seguir traballando igual. En ningún momento dudamos do noso traballo e iso estase a notar nos últimos encontros. Cabe destadcar que dos primeiros once encontros tan só disputamos catro como locales por mor das obras no Sangoñedo».
– O encontro do domingo. «Afrontámolo como os outros dezaseis, coas mesmas ganas e ilusión de sumalos tres puntos, pero sabendo que temos enfronte a un dos mellores equipos da categoría. A clave será saber sufrir cando eles teñan a iniciativa do encontro e ser moi fortes defensivamente».
– O Outeiro de Rei. «Sabemos que é un gran bloque, dos mellores de Primeira. Destaco que no seu campo son moi fortes, e contan con xogadores ofensivamente moi destacados nesta categoría».

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Terceira División
– Racing Vilalbés – Racing de Ferrol (Sábado ás 16:15 horas na Madalena): logo do triunfo no campo do Arousa, os chairegos afrontan un reto maior: dobregar ao Racing de Ferrol. Os de Emilio Larraz gañaron oito dos nove últimos encontros e son o conxunto máis en forma da categoría. Pero os de Simón Lamas na casa son un conxunto sólido.

– Polvorín – Silva S.D. (Sábado ás 11 horas na Cheda): trascendental encontro para o filial lucense, xa que, enfróntanse a un rival directo que conta con un punto menos que na clasificación. Os coruñeses son moi perigosos lonxe do seu campo, onde lograron 11 dos 16 puntos do seu casilleiro.
Preferente Norte
– C.D. Foz – Puebla C.F. (Sábado ás 16 horas no Martínez Otero): despois da boa imaxe amosada ante o Noia, malia caer derrotados, os de Gayol dan comezo á segunda volta recibindo a un rival directo pola permanencia. Os do Caramiñal contan con cinco puntos máis na clasificación e veñen de empatar en Ordes.
Primeira Autonómica
– C.F. Riotorto – U.D. Xove Lago (Domingo ás 12 horas na Veiga): os de Labrada, logo de caer na Pinguela e rachala xeira de trece encontros invicto, reciben a un Xove Lago en plena recuperación, que conta por triunfos os tres últimos encontros.

– S.D. Pol – S.D. Páramo (Sábado ás 16 horas no Manuel Luna): a mala xeira dos locales levounos a pelexar por saír da zona de perigo. Reciben ao conxunto de Fontal, empatados a puntos cos de Pol, nun encontro importante para despegarse do descenso.
Segunda División Feminina
– Atlántida Matamá – P.M. Friol C.D. Lugo (Sábado ás 16 horas no Penedo da Moa): só un posto por debaixo das de Josito Jul, o Atlántida preséntase como un rival complicado pra remtar un gran ano do conxunto lucense.
Primeira División Galega
– S.C.D. Milagrosa – Orzán S.D. (Domingo ás 16 horas no Luis Gorgoso): logo da última derrota que deixou ás lucenses na penúltima posición da tabla, urxe unha vitoria ante un conxunto coruñés situado na zona media da clasificación.
Segunda División Galega
– S.D. Chantada – S.D. Portazgo (Domingo ás 16 horas no Sangoñedo): encontro propicio para deixar lonxa a zona baixa da clasificación. Logo dun bo empate co Vioño, as chantadinas reciben a un conxunto situado no antenpenúltimo posto da táboa.