A Axenda do fin de semana (26 e 27 de outubro)

Fin de semana de emocións intensas. Rivais históricos, derbis case esquecidos, e encontros co liderato en xogo en case tódalas categorías. Ademáis, o Partido da Xornada. Botádelle un ollo á nosa Axenda. Terceira División – Polvorín – Deportivo Fabril (Domingo ás 13 horas na Cheda): Os de José Durán mídese a un dos grandes favoritos […]

A axenda do fin de semana (14-15 de setembro)

No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial […]

O partido da xornada . . . S.D.C. Roupar – S.D.C. San Lázaro: a final de Copa no mellor momento da temporada

Agora sí, remata a temporada. Pero antes de baixalo pano da campaña 2018/2019 os afeccionados ao noso fútbol temos como agasallo dúas finais. Como xa é tradición, a Copa Deputación serve como peche, e tamén como táboa de salvación para uns e premio final para outros. Mentras a Copa de Preferente e Primeira Autonómica disputa […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Sí, queridos amigos e amigas, fixeron historia. Non temos máis que palabras de agradecemento e satisfacción para as rapazas do PM Friol CD Lugo, que son novo equipo da Primeira División B -unha categoría de nova creación de cara a campaña 2019/2020-, tras quedar terceiras clasificadas no seu grupo da Segunda División, sendo somentes superadas […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Unha semana máis, analizamos todo o que nos deparou a xornada feminina na provincia, sendo unha das máis importantes da campañas, tras a victoria do CD Lugo-PM Friol por 1-3 en Mareo ante o Sporting de Xixón. Cos tres puntos, as da Reigosa son virtualmete posuidoras dun ascenso histórico no noso fútbol, restando tres xornadas […]

O partido da xornada . . . S.D. Residencia – S.D. Santaballés: cara a cara entre aspirantes ao ascenso

Chegan as derradeiras dez xornadas de competición na Primeira Autonómica. Na zona alta, o Lemos conta as xornadas para cantalo seu retorno a Preferente. Por detrás, catro equipos xogaranse o outro posto de ascenso. Dous deles, Residencia e Santaballés enfróntanse o domingo ás 17:30 horas na Cheda. A S.D. Residencia é quinta clasificada con corenta […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Como cada fin de semana, todas as rapazas que pertencen aos clubes femininos pelexaron por deixar o seu nome, o da entidade, e o da provincia de Lugo no máis alto, cousa que non se lles da nada mal!!!

O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xornada atípica no fútbol feminino lucense, especialmente na Segunda División Nacional. Nesta categoría, o PM Friol CD Lugo visitaba o campo do Gijón Feminino, un partido vital de cara ás expectativas de ascenso das rapazas da Reigosa. Porén, o choque foi suspendido por mor das malas condicións climatolóxicas, e semella que se disputará este domingo […]

O partido da xornada . . . Friol C.F. – S.D. Santaballés: dous conxuntos sen complexos fronte a fronte

A Reigosa será o esceario, o sábado ás 16:30 horas, dun dos encontros máis atractivos da Primeira Autonómica. Friol e Santaballés veranse as caras nunha situación, que ben seguro, firmarían cos ollos pechados alá polo pasado mes de setembro. Dous conxuntos sen complexos que miran cara arriba, sen máis presión que a de facer bo […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana retomáronse as competicións en todas as categorías, incluíndo deste xeito as ligas de fútbol feminino, nas que as nosas loitadoras comezaron o 2019 dando a cara en todos os choques. Toda a información da xornada, aquí!

O partido da xornada . . . Palas C.D. – C.D. Guntín: o liderato do grupo Sur en xogo

Este sábado ás 16 horas, o Palas, líder do Grupo Sur da Segunda Autonómica recibe nos Chacotes ao cuarto clasificado, o Guntín, pero só separados por un punto na clasificación. Un encontro dos máis atractivos neste fin de semana de retorno do fútbol na nosa provincia despois do parón polas festas do Nadal. Malia derrota […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana non tiveron lugar competicións de fútbol feminino. Porén, hai dúas semanas si que houbo partidos, dos que non fixemos referencia. Por tanto, hoxe xoves retomamos a costume e falamos da última xornada do 2018!

O partido da xornada . . . Roupar – Xermade: igualdade nun derbi entre aspirantes ao ascenso

Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]

As nosas guerreiras do fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] Un xoves máis, velaquí a sección na que repasamos toda a actualidade do fútbol feminino lucense. Como sempre, comezamos pola Segunda División Nacional, na que compite o PM Friol-CD Lugo, que superou con moita contundencia e claridade ao Sporting de Gijón, 3-0.

As nosas guerreiras da fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″] Como todas a semanas, velaquí toda a actualidade do fútbol feminino provincial!

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] Un xoves máis, Futbolinlugo chega co seu artigo sobre toda a actualidade do fútbol feminino lucense. Antes de comezar co repaso semanal, queriamos informar aos nosos lectores de que a partires da semana que vén haberá un cambio no modelo desta sección, ademáis dun renome moi especial!

  • 1
  • 2