Matela e Sarriana B completan os ascensos a Segunda Futgal

Goiriz, Castroverde, Monterroso B e Sober xa coñecen aos dous conxuntos que os acompañarán a vindeira campaña en Segunda Futgal. Serán o Matela, que venceu ao Abadín, e a Sarriana B que deixou fóra ao Corgo nun encontro este último que rematou con imaxes das que non queremos ver nunca máis nun recinto deportivo. Analizamos […]

O Matela celebra o seu ascenso

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O Matela conseguiu vencer na final do play off de ascenso do grupo norte da Terceira Futgal ao Abadín e xa son equipo de Segunda

Un só partido para resumir unha temporada

90 minutos, 1 partido. Chegou o día decisivo para Corgo, Sarriana ‘B’, Matela e Abadín. Tan só dous deses catro conxuntos competirán a próxima temporada na Segunda Futgal: os que superen a eliminatoria polo ascenso, da que tan só resta o duelo de volta da final. Na parte norte da provincia, o Abadín chega a […]

Matela e Sarriana B collen vantaxe nas finais polo ascenso

Comezaron as dúas finais na procura do ascenso a Segunda Futgal e fixérono con resultados que podemos calificar de sorpresa relativa. O Matela asaltou o Municipal de Abadín e afronta o encontro de volta en San Lourenzo de Aguiar cun tanto de vantaxe, mentres que a Sarriana B gañou 3-1 ao Corgo na Ribela. O […]

O Corgo, equipo na final de ascenso á Segunda Futgal

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Cando a Segunda Futgal está a só dous partidos, das todo para acadar o obxectivo. Eso é o que pasa nas finais da promoción de ascenso en ambos grupos da Terceira Futgal

O partido en imaxes: Comercial – Matela (0-3)

O noso amigo Roberto Carreira deixou as mellores imaxes do duelo da Terceira Futgal Norte que enfrontou á Comercial e ao Matela. O choque saldouse co triunfo dos visitantes diante dun combativo cadro local.

Matela e Monterroso B comezan liderando a Terceira Futgal

Deu comezo a Terceira Futgal e con ela chega o Tres en Raia En Boas Mans. Arrancou a competición con dous líderes sorprendentes vistas as prestacións na pasada campaña de ámbolos dous conxuntos. No grupo norte o Matela goleou na casa á Comercial e comeza a liga no máis alto. O Goiriz sacou o encontro […]

Diario dun mercado. Episodio 425

Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]

Diario dun mercado. Episodio 422

Abrimos este novo Diario coa confirmación da fichaxe de Lucía Pardo pola Real Sociedad. Tal e como anunciara o medio dixital Relevo, a futbolista de Outeiro de Rei chega ao club txuri-urdin procedente do Madrid CFF. Asina por dúas temporadas e estará adestrada por José Luis Sánchez Vera, campión de liga co Atlético de Madrid […]

Diario dun mercado. Episodio 277

O mercado está que arde ao longo e ancho da nosa provincia. Comezamos na Terceira. O Racing Vilalbés anunciou as baixas de Ángel Fraga e Otero. O primeiro foi indiscutible na portería da Madalena, pero por motivos laborais abandonará o conxunto chairego. O gardamallas marcha a Pamplona e é probable a súa fichaxe nalgún conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 216

Vertixe. Esa é a palabra que mellor define o mercado no fútbol lucense. Fichaxes, baixas e renovacións a esgalla ao longo e ancho da provincia que vos traemos nesta nova edición do noso Diario dun Mercado. O Viveiro protagoniza o mercado na Terceira. E faino con dúas fichaxes de categoría. A Cantarrana chega Marcos, logo […]

Diario dun Mercado. Episodio 143

Importantes novas con respecto aos técnicos así como sonadas renovacións e retiradas

A Axenda: os ‘galos’ de Segunda Autonómica vense as caras nos dous grupos

Ademáis do Partido da Xornada, este fin de semana temos na xeografía lucense encontros máis que interesantes, que resumimos na nosa Axenda: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – S.D. Silva (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): logo da última derrota no Poboado, os de Simón Lamas tentarán voltar á senda da vitoria no seu feudo […]

O Matela consegue unha vitoria de prestixio e o Carballedo suma a 3ª seguida

No Tres en Raia da 9ª xornada da Terceira Rexional o Fonsagrada e o Sporting Lucense seguen líderes. Iso que o cadro fonsagradino desaproveitou a opción de marcar distancias dende o primeiro posto. O Nausti e o Antas descansaron esta xornada. No grupo norte, o Fonsagrada empatou a un gol ante o Catro Roldas. Iso si, […]

A Axenda: o filial do Athletic visita a Reigosa

Ademáis do noso Partido da Xornada, presentámosvos a nosa Axenda para este fin de semana, que nos trae un derbi provincial en Preferente ou a visita dun histórico á Reigosa, entre outros moitos encontros de interese. Terceira División – Polvorín – U.D. Ourense (Domingo ás 16:15 horas na Cheda): co obxectivo de acadar a terceira […]

Diario dun mercado. Episodio 123

A case un mes para o comezo de liga en Terceira, o Racing Vilalbés segue a apuntalar a súa plantilla. O conxunto chairego asinou ao centrocampista Javi Sandá, procedente do Laracha. Tan só un chanzo máis abaixo, a Sarriana fíxose cos servizos dos irmáns Keko e Jacobo Vilariño, ámbolos dous saídos da canteira do C.D. […]

O partido da xornada . . . C.D. Guntín – A.D. Bóveda: un ascenso marcado por pequenos detalles

Tan só tres xornadas restan para que se baixe o pano da temporada en Segunda Autonómica. Mentras no grupo Norte, Folgueiro, Lourenzá, Guitiriz e tamén Roupar, aínda que con escasas opcións, se xogan os dous postos de ascenso, no grupo Sur ata seis equipos teñen opcións matemáticas: San Roque, Palas, Guntín, Bóveda, Oural e San Lázaro, cos catro primeiros clasificados en tan só dous puntos. Precisamente, os […]

O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – Viveiro C.F.: derbi mariñán con moito en xogo

Con tan só sete xornadas para o final de liga, o derbi mariñán deste domingo ás 17:30 horas no Pepe Barrera entre Ribadeo e Viveiro antóllase trascendental. Cos dous equipos na zona alta da Preferente, pero cos ribadenses aparentemente lonxe da hipotética pelexa polo ascenso, o conxunto visitante, segundo clasificado, afronta unha das saídas máis […]

  • 1
  • 2