#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Palabra de… Javi López: «O papel das directivas… e as aliñacións»

Despois de 15 anos xogando en categoría sénior, en oito equipos diferentes dende 2ª B, 3ª división e Preferente, cheguei á conclusión que por moi bos xogadores e adestradores que teñas… se as directivas non aceptan as súas funcións, entre outras: reunir os máximos socios posibles, conseguir publicidade, subvencións… En definitiva, ter liquidez para que un club estea saneado. Ademais queren influir no deportivo, no aspecto de querer facer aliñacións (competencia exclusiva dos adestradores). Recriminar aos xogadores por fallar, etc. Estanse saíndo do seu rol intentando influenciar aos adestradores e meténdolles presión aos xogadores.

Concentración máxima

Eu teño visto como directivos intentan facerlle a aliñación aos adestradores, algunhas veces conseguindoo e outras non. Iso xa depende de varios factores. Un deles a personalidade do adestrador. Tamén sei que se ten dado o caso de que directivos presentáronse no vestiario do adestrador pedíndolle explicacións sobre a aliñación do domingo.

Con isto quero recalcar que nun equipo para chegar a conseguir os obxectivos que se propoñen ao comezo da tempada; os adestradores e xogadores só teñen que ter a mente posta en adestrar e xogar. E non estar pensando se vai cobrar todo o acordado ou lle van quedar a deber unha, dúas ou máis mensualidades. Ademais de ter a presión de que se non dás sempre o rendemento que eles queren, poden chegar ata o punto de ameazarte con botarte ou incluso chegar a facelo.

Dos oito equipos nos que estiven, seis están na actualidade pasando por moitas dificultades. Tanto no deportivo como no económico. E atrévome a dicir que todos por unha mala xestión por parte dos directivos. Xa que moitos deles pensan que saben de fútbol, e o peor de todo, é que non se deixan asesorar.



Javi López co Atlético Escairón. MELANIE DE LA FUENTE

Un claro exemplo dunha mala xestión nun club economicamente forte no que estiven é que trataban aos xogadores como mercancía. Fichaban sen coñecer (por medio de representantes) pero que máis daba. Se o xogador non era do agrado dos directivos, “outro para o seu sitio”. Algúns tíñanos en condicións lamentables: vivenda precaria e cunha alimentación inadecuada. Sobre todo xente doutras nacionalidades que lles prometeron cousas que nada teñen que ver coa realidade. Pero alá coa conciencia de cada un…

Por iso que, señores directivos, na miña humilde opinión (e refírome sobre todo aos clubes amateur); non queiran ser o R.Madrid ou o F.C.Barcelona da categoría. Pensen que os xogadores ante todo son persoas e que para que un equipo funcione adecuadamente, todos teñen que remar na mesma dirección.

A palabra equipo significa que un grupo de persoas xoguen unidas contra outras nunha competición deportiva ou nun xogo. E para min dita palabra é moito máis ampla. Un equipo non son só os xogadores, senón tamén os directivos, os adestradores e os utilleros. Que xunto cos socios e a afección (e todos unidos nunha única dirección), é así como antes ou despois; os resultados chegarán…!



Javi López. Gardamallas da Sarriana. Home de fútbol.

Palabra de… Javi López: «O papel das directivas… e as aliñacións»

David Páez: «Haberá que pensar ben o

Palabra de… Javi López: «O papel das directivas… e as aliñacións»

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *