Antes de nada agradecer a Futbolinlugo a oportunidade de falar neste medio e felicitalos pola traballo que fan día tras día porque grazas a eles o fútbol afeccionado está máis preto de todos nós.

A miña traxectoria no futbol é sinxela: dende os 14 anos ata hoxe na S.D. Chantada. Só abandonei un ano o club do meu pobo para vestir a camisola do Pabellón C.F. e xogar na División de Honra xuvenil. Despois o resto da miña vida futbolística transcorre NA CASA. «Por que non marchaches nunca? Tiveches ofertas de Terceira? Se che ofreceron cartos por que non te fuches?»…

Preguntas como estas tiven moitas da prensa, amigos, compañeiros, rivais… Pero a miña resposta como bo galego sempre foi: por que tiña que marchar?  Nisto do fútbol afeccionado eu considero que o que hai é que disfrutar. E eu estaba (e estou) disfrutando do que me gusta eiquí na casa, por iso nunca vin motivo algún para marchar.

Eu considérome un privilexiado de poder xogar o futbol eiquí na casa, por eso sempre estarei agradecido a todos os membros das directivas que pasaron pola SD. Neste punto si que considero que as cousas cambiaron, porque eu sempre darei as grazas á directiva por deixarme xogar. E o pensamento que hai agora nas novas xeracións é totalmente ao revés: «a directiva tenme que dar as grazas por xogar para eles».

Estamos totalmente confundidos, o 99% das directivas do fútbol afeccionado non ganan nada co tema do fútbol, é máis, PERDEN! Os directivos dun club afeccionado fan o traballo máis desagradecido que pode existir: traballan para conseguir cartos para manter o club, botan horas fóra das súas casas polo club. Nas que non están ca familia, non descansan, non traballan… E todo iso para que cando as cousas van mal escoiten tonterias, críticas, insultos…

É moi facil chegar ás catro ao Sangoñedo e pedir un café ou un refresco e marchar para a bancada criticar. Pero para iso algún directivo xa tivo que ir unha hora antes colocar o bar e o día anterior traer a mercancía necesaria…  O futbolista tamén o ten moi fácil, chegar media hora antes de adestrar, correr, ducharte e marchar. Pero para que eso pase hai moito traballo por detrás da directiva…. Por iso señores, non nos confundamos e considerémonos uns afortunados por poder facer o que nos gusta sen que nos custe nada…

Outra reflexión que quero facer eiquí é o tema da «violencia». Algo estamos facendo mal eiquí tamén. Non é normal as noticias que están acontecer fai un par de anos: «agresións a árbitros» «pelexas de xogadores» «PELEXAS PAIS DE NENOS PEQUENOS»… Pero por favor, onde vivimos!

O futbol é un deporte, un deporte para pasalo ben. É normal que queiramos ganar, que teñamos rivalidade, pero por favor rivalidade sana, SEN VIOLENCIA!  Un dos problemas empeza no fútbol profesional, creamos uns fanatismos anti-madridistas, anti-culés, anti-Messi, anti-Cristiano… Que non disfrutamos do fútbol como afeccionados. Eu son forofo cerrado do Depor (un sufridor) pero hai un par de anos vía os partidos todos do Celta porque me encantaba o futbol que facían. E non para velos perder, e sábeno os meus amigos «celtarras» (con cariño) que me gustaba o futbol que facía o Celta. Temos que disfrutar desto, DISFRUTAR como cando daban os partidos na galega os sábados pola noite!

Isto desencadea noutra cousa que estamos facendo mal os pais. Os pais queremos que os nosos fillos sexan Cristianos e Messis. Estamos olvidando do que realmente é bo para os nenos: que fagan deporte. Que o pasen ben, que xoguen, que aprendan valores como compañerismo, saber perder… Eu teño dous tesouros, son pequenos aínda. Non sei que camiño tomarán, pero apoiareinos sempre no que queiran facer e teño claro que non van ser nin Alex Morgan nin Messi. Van ser sempre NAIARA DIÉGUEZ RODRÍGUEZ e IZAN DIÉGUEZ RODRÍGUEZ. Lin o outro día un artigo deste tema e gustoume unha reflexión que deberiamos facer todos os pais: cando o  teu fillo/a chega dun partido que lle preguntas: Como quedastes? ou Que tal o pasaches? Eu teño claro o que lle vou preguntar.

DISFRUTEMOS DO FÚTBOL, DISFRUTEMOS DA VIDA!

David Diéguez ‘Kadete’. Gran capitán do Chantada

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*