Doble ración de fútbol para este sábado e domingo. Para comezar, o sábado teremos un clásico do noso fútbol versión xuvenil: Foz-Ribadeo. Un pouquiño máis tarde, un enfrontamento entre debutantes na Terceira Galega: Friol B-Rábade. O domingo viviremos o derbi da Preferente entre Ribadeo e Outeiro así coma o duelo entre dous dos invictos na Primeira Galicia: San Roque e Foz.
SÁBADO
17.00 horas. Foz-Ribadeo. Municipal de Foz. Liga Autonómica xuvenil
18.30 horas. Friol B-Rábade. A Reigosa. Terceira Galicia
DOMINGO
17.30 horas. Ribadeo-Outeiro de Rei. Pepe Barrera. Preferente Galicia
18.00 horas. San Roque-Foz. A Polvoreira. Primeira Galicia