O Ribadeo sorrí á novena tentativa

Tres vitorias dos conxuntos lucenses na Terceira RFEF temos que celebrar neste Trío de Ases O Cantón. Só a Sarriana perdeu na súa visita a un renacido Alondras. O Racing Vilalbés venceu no campo do Gran Peña e o Polvorín fixo o propio no do Somozas. Ámbolos dous tiveron que remontar o tanto inicial do […]

Pol e Escairón fuxen do perigo

O Trío de Ases O Cantón déixanos dúas vitorias para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Foron as do Polvorín na Cheda diante do Boiro. e a da Sarriana na Ribela fronte ao Silva. Racing Vilalbés e Viveiro caeron como locais fronte a Somozas e Estradense respectivamente. Na Preferente, o Escairón venceu ao Mugardos e […]

A Sarriana sitúase a punto do líder

O Trío de Ases O Cantón tráenos unha sóa vitoria lucense nesta xornada. A da Sarriana no ata de agora infranqueable campo do Estradense, líder da Terceira RFEF. O Racing Vilalbés e o Polvorín igualaron no campo de Boiro e Vilalonga, respectivamente. O Viveiro desaproveitou unha importante vantaxe e caeu na súa visita ao Gran […]

O Pol logra a primeira vitoria da historia na Preferente

O Trío de Ases O Cantón achéganos a un día histórico no Municipal de Pol. O cadro local logrou a primeira vitoria da súa historia na Preferente. Foi no derbi provincial diante dun Ribadeo que segue sen gañar. O Lemos igualou no campo do Val e o Escairón caeu na casa co Lalín. Na Terceira […]

O Viveiro camiña con paso firme na Terceira RFEF

O Trío de Ases O Cantón déixanos ao Viveiro na segunda praza da Terceira RFEF. O cadro mariñán gañou en Cantarrana ao Vilalonga e mantense invicto. Tamén gañou o Polvorín na Cheda ao Arteixo. Colleitaron a primeira derrota do curso a Sarriana e o Racing Vilalbés, ambos como locais, fronte a Boiro e Arousa respectivamente. […]

Sarriana e Viveiro colideran a Terceira RFEF

Chega o segundo Trío de Ases O Cantón da temporada, e faino con outra xornada de bos resultados dos nosos equipos de Terceira RFEF. A Sarriana derrotou con claridade na Ribela ao Valladares e o Viveiro venceu pola mínima en Cantarrana ao Arousa. Racing Vilalbés e Polvorín acadaron sendos empates como locais. Os chairegos diante […]

Un pleno na Terceira RFEF para comezar

Volveu a competición e chega o Trío de Ases Panadería O Cantón. Non puido comezar mellor para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Un pleno de vitorias, ademáis a domicilio. O Racing Vilalbés goleu ao Betanzos, a Sarriana venceu no campo do todopoderoso Arousa, o Polvorín derrotou ao Barbadás e o Viveiro fixo o propio […]

Os lucenses de Terceira RFEF estrean a temporada a domicilio

A Terceira RFEF xa ten calendario de cara a temporada 2024/2025. A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o sorteo dunha competición, que ao igual que a pasada campaña contará con dezoito equipos, catro deles lucenses: Racing Vilalbés, Sarriana, Polvorín e Viveiro. O azar quixo que todos eles comecen a competición o día 8 […]

Diario dun mercado. Episodio 420

Volvemos tan só horas despois do último Diario dun mercado. E con bombas!

Diario dun mercado. Episodio 409

Chega un novo Diario dun Mercado e vén máis cargada ca nunca. Comezamos cun lucense que xoga fóra da nosa provincia. Dani Vidal deixa o Coruxo, conxunto no que militou en dúas etapas, tras ser peza importante en Segunda RFEF. O Racing Vilalbés oficializou a chegada do central Edgar, procedente da Sarriana e anunciou a […]

Diario dun mercado. Episodio 408

Comezamos este novo diario cunha boa nova para un adestrador lucense. O pastoricense Fiz Rodríguez será o adestrador do xuvenil A da SD Compostela, conxunto que milita na División de Honra. O técnico ven de acadar o ascenso na última campaña co conxunto cadete do cadro santiagués. A Terceira RFEF é a categoría que acumula […]

Diario dun mercado. Episodio 405

Comezamos este novo Diario dun Mercado coa renovación de Juan no Viveiro. O canteirán, que se convertiu nun fixo no once titular nesta pasada temporada, seguirá defendendo as cores do conxunto mariñán ás ordes de Jandri Rego. O Ribadeo xa ten novo presidente. Valentín Coto, ata o de agora máximo responsable da SD Ribadeo, entidade […]

Diario dun mercado. Episodio 404

A falta de confirmación oficial, adiantamos no episodio 404 que Dumi podería converterse no novo adestrador do Castro

Diario dun mercado. Episodio 403

Os adestradores seguen protagonizando os primeiros días do mercado. David Páez declinou a oferta de renovación do Estradense logo dunha temporada no club, na que logrou acadar a permanencia sen demasidados apuros. Un que marcha da nosa provincia e o vigués Jorge Cuesta. Logo dunha exitosa campaña na Sarriana asinou no Bergantiños, conxunto que militará […]

Só un milagre salvaría a Residencia e Castro

O Trío de Ases O Cantón tráenos a úlitma xornada da liga regular na Terceira RFEF á que os nosos representantres chegaban cos deberes feitos. O Viveiro empatou en Cantarrana diante do Arousa, mentres que Sarriana e Polvorín caeron derrotados a domicilio no campo de Rápido de Bouzas e Paiosaco, respectivamente. Na Preferente o Lemos […]

O Racing Vilalbés cae a unha Terceira RFEF onde os lucenses acadaron os obxectivos

O Trío de Ases O Cantón chega cargado de novas para os conxuntos lucenses. O Racing Vilalbés dixo adeus á Segunda RFEF tras perder en Pasarón diante do Pontevedra. Na Terceira RFEF moi boas novas para os tres equipos lucenses. O derbi da Ribela caeu do lado dun Viveiro que garantiu a permanencia na categoría […]

A Sarriana, moi preto de acadar o billete para o play off

Non puidemos celebrar o pleno de vitorias neste Trío de Ases O Cantón intersemanal. A xornada de Terceira RFEF disputada na matinal do festivo do Primeiro de Maio non puido ser mellor para os conxuntos lucenses. A Sarriana venceu no campo do Arteixo, rival directo por un posto na fase de ascenso e o Polvorín […]

Tres puntos para que o Racing Vilalbés soñe coa permanencia

O Trío de Ases O Cantón tráenos a imprescindible vitoria do Racing Vilalbés diante do Coruxo na penúltima xornada ligueira en Segunda RFEF. Os chairegos manteñen así opcións de permanencia ata o derradeiro encontro que disputarán en Pasarón diante dun Pontevedra que non porá nada en xogo. A peor nova é que para lograr manter […]