A ilusión do Viveiro de voltar á Copa do Rei, en xogo ante o Ribadumia

O Viveiro afronta paseniño o reto de situar de novo o seu nome entre os elexidos do fútbol estatal. Fai uns meses, aínda que ben seguro que lles gustaría acadalo doutra forma, chegou o ascenso a Terceira nen máis nen menos que despois de catorce anos sen xogar en categoría nacional. Era case unha obriga […]

R.C. Deportivo e Somozas, duros rivais para os nosos equipos de Terceira este fin de semana

Pouco a pouco voltamos á rutina nos nosos campos. Polo menos nos de Terceira. A pasada fin de semana o balón voltou a rodar en Cantarrana coa posta de longo do Viveiro e o Racing Vilalbés. Co calendario ligueiro xa coñecido, este sábado 26 de setembro dous dos tres representantes lucenses da terceira división xogan […]

Das San Lucas ao inicio da Primavera; a 1ª fase da 3ª xa ten almanaque

Este xoves sorteouse o almanaque da primeira fase da nova Terceira Galega. A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela foi o lugar onde se desenvolveu o sorteo. A competición comeza a finde das San Lucas cun formato renovado. Os tres representantes lucenses están encadrados no subgrupo 1A. A primeira fase do campionato […]

Diario dun mercado. Episodio 193

un Co comezo das competicións máis preto, ou iso agardamos todos, os movimentos no mercado do fútbol lucense comezan a minguar. Malia todo, e coma sempre, traemos as novidades dos nosos clubes. O Polvorín cedeu a Matías Vesprini á S.D. Compostela. O central, que tamén pode actuar no perfil esquerdo da defensa, foi un habitual […]

O fútbol volve á provincia polas San Lucas

O 18 de outubro é un dos días grandes de festa da provincia. Festéxase unha das máis antigas. Ou iso din os escritos. De especial relevancia no norte. O 18 de outubro é o día por excelencia das San Lucas de Mondoñedo. Este ano, que cae en domingo, non sabemos se poderán baixar os cabalos […]

Diario dun mercado. Episodio 190

Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada. Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou […]

Rubén (C.D. Foz): «Será un ano duro, pero sacarémolo adiante co compromiso de todos»

Unha das grandes promesas do fútbol mariñán é o gardameta Rubén (O Valadouro, 04-06-2000). Logo dos seus comezos no C.D. Foz e posteriormente no Burela, o cancerbeiro deu o salto ao Viveiro, clube no que rematou a súa etapa de formación, compaxinando esta coas convocatorias no primeiro equipo, onde xa demostrou o seu bo facer […]

Diario dun mercado. Episodio 159

A Primeira anímase nunha edición na que emerxen dous homes importantes na Terceira