O partido en imaxes: Racing – La Calzada

O 27 de maio de 2023 entra de cheo na historia do Racing Villalbés. O cadro chairego xogou en Vilalba a ida dunha final polo ascenso á Segunda RFEF. Pase o que pase no encontro de volta, a cita supón un fito na traxectoria do equipo. Nas seguintes imaxes tentamos transmitir algo do que se […]

O partido en imaxes: Santaballés – Residencia (2-0)

A primeira xornada da segunda volta na Preferente lucense enfrontou na Liga ao Santaballés e a Residencia. Os locais gañaron o encontro con dous tantos de vantaxe. O primeiro marcado na primeira metade por Chechu. O segundo anotado por Jorge Pereira ao transformar un penalti. Coa vitoria, o conxunto de Santaballa presenta a súa candidatura […]

A-56: Víctor Eimil: «O Arenteiro é un equipo case profesional»

Fotos: CD Arenteiro Nas últimas semanas, un novo goleador deuse a coñecer por Ourense. Aínda que na provincia de Lugo xa sabían do seu olfacto ante a portería rival. Víctor Eimil (18-01-1999, Vilalba) marcou en febreiro o seu primeiro gol en Terceira. E dende aquela, dous máis consecutivos. Goles que significaron puntos para o Arenteiro. […]

Palabra de… Mincha: «O fútbol, unha gran familia»

Cando Futbolinlugo contactou comigo para este artigo, a verdade non sabía que escribir nin por onde empezar. Pero pensei: «E… de que vou falar se non? De fútbol, fútbol e fútbol. É o que levo facendo dende hai 30 anos«. Grazas a este deporte marabilloso a verdade é que podo falar de moitas cousas. Pero […]

Borracheira de fútbol e fin de festa na Madalena

Jorge Tato estaría orgulloso. A súa Copa tivo un final á altura do seu legado. Nun escenario inmellorable, nese que estaba chamado a triunfar, Outeiro de Rei e Peluquería Mixta Friol impuxeron a súa lei. Baixo un sol de xustiza e unha calor abafante comezou a tarde de fútbol na Madalena. O día D do […]

Palabra de Iván Calaza…O sentir do equipo da vila

Xa parece que nos afixeramos a que a partir de agora os luns polas tardes había sorteo, que ía tocar lonxe de novo, que os rivais tiñan que colocar a Vilalba no mapa ou que o teu veciño, que non ten ningún interese no fútbol, che preguntara a onde ía o Vilalbés desta volta. Non […]

Xusto Pardeiro (Rácing Vilalbés): «Despois da parada de Pita sentinme moi liberado»

É difícil actuar cando afrontas unha circunstacia na que nunca te viches, pero é moito máis fácil se o fas con aqueles que te levaron ata alí. O Racing Vilalbés encara por primeira vez na súa historia a segunda eliminatoria dunha fase de ascenso á Segunda B. Este domingo (16:30h) chega á Madalena o Levante […]

Pablo Vivero: «Tiña gañas doutra fase pero sen ánimo de desquite»

Non leva a conta dos partidos que portou a camisola vermella e verde do Racing Vilalbés, e non é para menos. Tampouco nós nos acordamos do que facemos cada domingo dende hai 23 anos. Pablo Vivero (6-12-1979), de Gontán a capitán, pasando por un ascenso á Terceira, unha volta á Preferente e a consolidación final […]