Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 21

As novidades en canto a renovacións, baixas e fichaxes seguen marcando a actualidade do fútbol lucense. Neste diario dun mercado é o turno para un equipo da Mariña, dous do corazón da Terra Chá, outros dous con moita importancia na capital da provincia e un da zona sur. Na Preferente Norte, o Viveiro incorporou ao […]

XVI Campus de Fútbol da SCD Milagrosa

Cada verán, o Luis López Gorgoso convértese nun centro futbolístico con numerosa afluencia de rapaces e rapazas de diferentes idades que, movidos pola súa paixón polo fútbol, apúntanse ao Campus da SDC Milagrosa. Este ano terán lugar actividades tanto nas instalacións de Frigsa, como en Gandarío, Burela e Cerceda.

Así está o fútbol provincial: arrastres e compañía

O fútbol afeccionado lucense entra no seu tramo definitivo de competición e os nosos equipos xóganse moito nestes últimos encontros. Na Terceira División só quedan catro xornadas para rematalo campionato con Vilalbés e Castro loitando por obxectivos moi distintos. No resto de categorías esta fin de semana volve a competición coas últimas seis xornadas da […]

Juan Carlos Quiroga é o novo adestrador da Milagrosa feminina

A Milagrosa xa atopou adestrador para dirixir o seu conxunto feminino despois da baixa do francés Vivian Dors. Juan Carlos Quiroga será o encargado de dirixir o único equipo feminino sénior que hai na cidade de Lugo. Quiroga xa era o encargado de adestrar o equipo xuvenil e faise agora cargo, ademáis do primeiro equipo, […]

As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.

Calendario da segunda fase en prebenxamíns

Nunha semana dará comezo a segunda fase da Primeira e da Segunda Autonómica en categoría prebrenxamín, tal é como di o calendario da competición. Dentro da Primeira Autonómica, seis equipos xogarán a promocióin: Ferroviaria, Milagrosa, Racing Vilalbés, CD Lugo, Polvorín e o Porto Burela. Precisamente o Porto Burela e a Milagrosa foron os campións do […]

Calendario da segunda fase da 2ª autonómica en benxamíns

Os equipos benxamíns da Segunda Autonómica son máis madrugadores ca os da Primeira e comezarán xa esta fin de semana a segunda fase do campionato. A competición desenvolverase en catorce xornadas e rematará o 28 de maio. Tempo dabondo para aprender e seguir desfrutando do fútbol lucense cos nenos.

Calendario da segunda fase da 1ª autonómica en benxamíns

A categoría benxamín lucense xa coñece o calendario dos encontros da segunda fase na Primeira Autonómica. Seis equipos xogarán a promoción, dos cales os dous primeiros clasificaranse para a fase final galega. Outros seis conxuntos da provincia xogarán a previa 1. Os partidos comezan a última fin de semana de febrero e rematarán o sete de […]

Calendario da segunda fase de 1ª autonómica en alevíns

Xa se coñecen as datas e os horarios da segunda fase da Primeira Autonómica na categoría alevín. Seis equipos pelexarán na promoción polos dous primeiros postos que lles darían o acceso a desputar a Fase Final Galega. Os encontros comezarán a última fin de semana de febreiro e rematarán o sete de maio, nun calendario […]

Pequenos campións!!!!

Hoxe, facemos unha pequena reportaxe mencionando a todos os equipos de Fútbol-8 que esta pasada semana proclamáronse campións das súas ligas nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

  • 1
  • 2